Blogia
Rocío G. Brey

didactica

programación 2º ciclo



 

ÍNDICE

 

 

1. INTRODUCIÓN.

 

2. MARCO LEGAL

 

3. CONTEXTUALIZACIÓN

 

4. COMPETENCIAS BÁSICAS

 4.1 CONTRIBUCIÓN DAS ÁREAS A CONSECUCIÓN DAS CC BB

4.1.1 CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE LINGUA CASTELÁ E LIT.

4.1.2 CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE MATEMÁTICAS

4.1.3 CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE COÑECEMENTO DO MEDIO

4.1.4 CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

4.1.5 CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

            4.1.6 CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE LINGUA EXTRANXEIRA

            4.1.7 CONTRIBUCIÓN DA AREA DE LINGUA GALEGA E LIT.

 

5. OBXECTIVOS:

 

  • 5.1 OBXECTIVOS XERAIS DA ETAPA.

 

  • 5.2 OBXECTIVOS DE ETAPA POR ÁREA:

 

LINGUA GALEGA.

LINGUA CASTELÁ.

MATEMÁTICAS.

COÑECEMENTO DO MEDIO.

EDUCACIÓN ARTÍSTICA.

EDUCACIÓN FÍSICA

 

 

  • 5.3 OBXECTIVOS DE 2.º CICLO POR ÁREA:

 

LINGUA GALEGA.

LINGUA CASTELÁ.

MATEMÁTICAS.

COÑECEMENTO DO MEDIO.

EDUCACIÓN ARTÍSTICA.

EDUCACIÓN FÍSICA

LINGUA EXTRANXEIRA

RELIXIÓN E MORAL CATÓLICA

 

 

6. CONTIDOS 2.º CICLO:

 

LINGUA GALEGA.

LINGUA CASTELÁ.

MATEMÁTICAS.

COÑECEMENTO DO MEDIO.

EDUCACIÓN ARTÍSTICA.

EDUCACIÓN FÍSICA

LINGUA EXTRANXEIRA

RELIXIÓN CATÓLICA.

 

7. METODOLOXÍA:

 

  • DESENVOLVEMENTO EVOLUTIVO E PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS XERAIS.
  • AGRUPACIÓN DOS ALUMNOS/AS.
  • ORGANIZACIÓN DOS ESPAZOS.
  • ORGANIZACIÓN DO TEMPO.
  • SELECCIÓN DE MATERIAIS E RECURSOS.
  • PRINCIPIOS DIDÁCTICOS DE 2.º CICLO POR ÁREA:

 

LINGUA GALEGA.

LINGUA CASTELÁ.

MATEMÁTICAS.

COÑECEMENTO DO MEDIO.

EDUCACIÓN ARTÍSTICA.

RELIXIÓN CATÓLICA.

EDUCACIÓN FÍSICA.

  8. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Y COMPLEMENTARIAS

 

9. AVALIACIÓN:

 

  • A AVALIACIÓN: UN PROCESO INTEGRAL.
  • CRITERIOS DE AVALIACIÓN 2.º CICLO POR ÁREA:

 

LINGUA GALEGA.

LINGUA CASTELÁ.

MATEMÁTICAS.

COÑECEMENTO DO MEDIO.

EDUCACIÓN ARTÍSTICA.

RELIXIÓN CATÓLICA.

EDUCACIÓN FÍSICA.

 

 

10. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

 

  • VALORACIÓN INICIAL E VÍAS DE ACTUACIÓN.
  • ADAPTACIÓNS CURRICULARES NON SIGNIFICATIVAS.
  • ADAPTACIÓNS CURRICULARES SIGNIFICATIVAS.

 

11. ORIENTACIÓN E TITORÍA:

 

  • PRESENTACIÓN XERAL.
  • FUNCIÓNS DO TITOR/A.
  • ACTIVIDADES DO TITOR/A.
  • FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

 

12. EDUCACIÓN EN VALORES.

 

 

 


1. INTRODUCIÓN.

Neste documento presentamos unha programación didáctica para o 2º ciclo de Educación Primaria  a desenvolver durante o curso académico 2010-2011. O enfoque metodolóxico fundamental é a globalización, polo que estableceremos vínculos continuos entre as diferentes áreas así como a  coordinación docente de todo o profesorado que imparte docencia no ciclo.

 

Consideramos fundamental  para levar a cabo o noso labor docente establecer un plan de actuación, que se recolle neste documento, polo que evitamos así o azar, a improvisación e os tempos mortos, aínda que en todo momento partimos dun modelo de programación aberto e flexible, en continua revisión ou modificación, en función dos resultados obtidos e das necesidades amosadas polo noso alumnado facendo uso da nosa autonomía pedagóxica recollida no actual modelo educativo.

 

2. MARCO LEGAL

 

Esta programación didáctica constitúe o terceiro nivel de concreción curricular. Para elaborala temos en conta a concreción curricular establecida a nivel de centro, como parte integrante do Proxecto Educativo, que a súa vez adapta o establecido no Decreto 130/2007, do 28 de xuño, de 2007 polo que  se establece o currículo da Educación Primaria na comunidade autónoma de Galicia, tanto ás características do contorno onde se atopa ubicado o centro, como ás características do alumnado que asiste ao mesmo. Teremos en conta o decreto Decreto do Plurilingüísmo (Decreto 79/2010) polo que fomentaremos que o noso alumnado acade a competencia de comunicación lingüística en ámbalas dúas linguas oficiais.

 

3. CONTEXTUALIZACIÓN

 

Desenvolverase en 6 aulas de E.Primaria con alumnos  de 8 a10 anos, cunha ratio de 25 nenos/as  por aula, de clase media-alta durante o curso académico 2010-2011, nun contexto urbano.

O ciclo está formado polo seguinte equipo de mestres: 6 titoras; unha especialista de música; unha especialista de lingua inglesa; un especialista en educación física e  unha mestra de relixión católica.

4. AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A LOE establece oito competencias básicas que o alumnado debe desenvolver e acadar ao longo dos diferentes ciclos da etapa. O equipo de ciclo do  traballará de forma integrada nas distintas áreas as competencias as seguintes:

1. Competencia en comunicación lingüística

2. Competencia matemática.

3. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

4. Tratamento da información e competencia dixital.

5. Competencia social e cidadá.

6. Competencia cultural e artística.

7. Competencia para aprender a aprender.

8. Autonomia e iniciativa persoal.

 

4.1. CONTRIBUCIÓN DESDE AS DIFERENTES ÁREAS AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

Competencia en comunicación lingüística. Dita competencia ten carácter transversal xa que ten relación coas demáis  competencias e afecta a todas as áreas do currículo; así mesmo, maniféstase en todos os contextos no que se desenvolven os alumnos (escolar,social, persoal,..).

Desenvolverase nas dúas linguas cooficiais da nosa Comunidade (galego-castelán) e como mínimo nunha lingua extranxeira (inglés), tendo en conta as indicacións do Decreto do Plurilingüísmo (Decreto 79/2010).

 

Competencia matemática.  A competencia matemática, desenvolve actividades necesarias para aplicar con precisión cada vez maior os coñecementos e o razoamento matemático na descripción da realidade e na resolución de problemas da vida cotiá.

Esta competencia refirese a aspectos relacionados cos  números, o inicio das operación básicas, as formas, o tempo,as estratexias para a resolución de problemas e   a representación no espazo

 

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

Para lograr a adquisición desta competencia, o alumnado neste ciclo adquirirá nocións que lle permitan explicar como funciona o corpo humano, coa fin de actuar para previr enfermidades e conservar a saúde propia e a dos demais; aplicará coñecementos científicos para explicar o mundo físico e resolver problemas da vida cotiá. Asímesmo, con esta competencia  foméntase a adquisición de  actitudes responsables sobre o medio natural e o respeto polos seres vivos.

Tratamento da información e competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes 

 

Competencia social e cidadá. A competencia sociale ciudada, permitirá que os nosos alumnos incorporen ao seu comportamento actitudes individuais que lle permitan vivir nunha sociedade plural, relacionándose cos demais, cooperando e afrontando os conflictos. Asímesmo, suporá que sexan capaces de poñerse no lugar do outro, aceptando as diferenzas de forma tolerante e que respeten os valores, crenzas e culturas dos demais.

 

Competencia cultural e artística. Esta competencia supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais, artísticas e deportivas, utilizalas como fonte de enriquecemento e desfrute e consideralas como parte do patrimonio dos pobos.

 

Competencia para aprender a aprender.  Co desenvolvemento desta competencia o que se pretende e motivar ao alumnado cara a aprendizaxe autónoma durante toda a súa vida, desenvolvendo diferentes habilidades de pensamento que lle permitan planificar, desenvolver e avaliar as súas propias aprendizaxes despois de aplicalas en diferentes situacións e contextos da súa vida cotiá.

  

Autonomía e iniciativa persoal.  Esta competencia trata dos aspectos relacionados co coñecemento da súa propia imaxe e da dos demais.

Desenvolve habilidades de carácter social para relacionarse e traballar cos outros e tamén para tomar decisión, asumir riscos e aceptar responsabilidades.

 

 

 

 

4.1.1 CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE LINGUA CASTELÁ AS CCBB

Destacable resulta, en primeiro lugar e pola súa propia natureza, a achega ao desenvolvemento de todos os aspectos que constitúen a competencia lingüística. Así o noso proxecto estuda a lingua oral, a lingua escrita, a educación literaria e o
coñecemento e uso da lingua. Cabe, tamén, destacar que as estratexias
que constitúen a competencia comunicativa adquírense desde unha
lingua determinada, pero non se refiren exclusivamente a saber usar esta lingua,
senón ao emprego da linguaxe. Esta característica da aprendizaxe
lingüística ten unha gran importancia, xa que as aprendizaxes que se efectúan
nunha lingua aplícanse á aprendizaxe doutras, cuxo coñecemento
contribúe, á súa vez, a acrecentar esta competencia sobre o uso da linguaxe
en xeral.

 

A área aborda contidos cuxo desenvolvemento suporá unha inestimable
cooperación ao desenvolvemento das restantes competencias:

Aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal. A linguaxe fai
posible ao acceso a coñecemento, a construción do saber persoal; é
ademais o medio de comunicación cun mesmo e o vehículo de representación
do mundo. O impulso a esta competencia favorecerá a
adquisición de hábitos de lectura como instrumento esencial para a
aprendizaxe do resto das áreas.
- Tratamento da información e competencia dixital. O desenvolvemento da área
implica a selección e a lectura comprensiva de textos, a análise da
súa estrutura e os seus elementos para empregalos na produción oral e escrita,
a utilización básica do computador co uso de soportes electrónicos para
a composición de textos, a procura guiada e a selección significativa
de información en Internet e en enciclopedias multimedia.
- Competencia social e cidadá. A linguaxe verbal é o vehículo esencial
de comunicación, por iso o seu enriquecemento achegará habilidades e
destrezas para a convivencia, o respecto e o entendemento entre as
persoas. Aprender lingua é, ante todo, aprender a comunicarse cos
outros, comprender o que estes transmiten, tomar contacto con distintas
realidades, asumir e mellorar a propia expresión como vía de apertura aos
demais.
- Competencia artística e cultural. Desenvólvese por medio do coñecemento
das manifestacións literarias: características, valoración da
súa diversidade, intercambio, análise e goce de obras representativas de distintas
culturas, recoñecemento daquelas que forman parte do
patrimonio cultural.
- Competencia matemática. Lingua castelá e literatura coopera no
estímulo á habilidade de interpretar e expresar con claridade e precisión
informacións, datos e argumentacións, factores que inclúen habilidades
propias da competencia matemática. A lectura atenta, a
comprensión literal e a inferencia dos enunciados son esenciais no
proceso de resolución de problemas.

 

4.1.2. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE MATEMÁTICAS

Desde esta área contribúese a desenvolver a :
- Competencia matemática. Garante, principalmente, que os alumnos sexan capaces de aplicar en situacións cotiás os coñecementos que aprenden na clase.
- Competencia en comunicación lingüística. Permite desenvolver a linguaxe para expresar e describir os coñecementos e os procesos matemáticos.
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
Axuda ao correcto desenvolvimento dos alumnos na realidade.
- Tratamento da información e competencia dixital. Axuda aos alumnos a recoller, interpretar e elaborar información.
- Competencia social e cidadá. Favorece a empatía e a aceptación dos puntos de vista dos demais na resolución dun problema ou unha actividade.
- Competencia cultural e artística. Contribúe á realización e interpretación de expresións culturais e artísticas.
 - Competencia para aprender a aprender. Proporciona os procesos e ferramentas matemáticas que permiten adquirir as aprendizaxes.
- Autonomía e iniciativa persoal. Contribúe á planificación de estratexias
á hora de enfrontarse a unha actividade ou problema, os pasos que se dan e a avaliación do proceso e do resultado obtido.

 

4.1.3. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE COÑECEMENTO DO MEDIO

 

A área de Coñecemento do Medio pretende dar os coñecementos, habilidades e actitudes que permitan aos alumnos comprender mellor a sociedade e o mundo de hoxe, e para que poidan acceder a el. A través dunha aprendizaxe significativa, axúdase aos alumnos a construír o seu coñecemento a partir das súas propias experiencias e percepcións. Ademais, esta área pretende contribuír á socialización dos alumnos, á aprendizaxe de hábitos democráticos e ao desenvolvemento da convivencia.
Tamén ten importancia o desenvolvemento de actitudes que impregnan o noso Proxecto: respecto e coidado do medio ambiente, igualdade entre sexos, comprensión e aceptación de diferenzas, cooperación, etc. que permiten aos
alumnos crecer como persoas e cidadáns maduros e responsables dentro dunha sociedade democrática.

 

· Competencia en comunicación lingüística. Contribúe ao desenvolvemento de habilidades comunicativas básicas, tanto orais como escritas, a través do coñecemento da realidade.
· Competencia matemática. Permite desenvolver habilidades matemáticas que inciden nun mellor coñecemento e comprensión do medio no que
vive.
· Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
Garante, de xeito especial, a capacidade de desenvolvemento dos alumnos no mundo que lles rodea.
· Tratamento da información e competencia dixital. Axuda ao desenvolvemento de habilidades que lle permiten acceder á información de forma eficaz.
· Competencia social e cidadá. Facilita a adquisición de actitudes e valores que lle permiten realizarse como cidadán plural e responsable dentro da sociedade democrática.
· Competencia cultural e artística. Proporciona o descubrimento e valoración de diferentes manifestacións culturais e artísticas, que lle enriquecen persoalmente.
· Competencia para aprender a aprender. Achega os procesos, técnicas e
ferramentas que lle permiten adquirir os contidos propios da área.avaliación do proceso e do resultado obtido.
Autonomía e iniciativa persoal. Contribúe ao descubrimento das actitudes e posibilidades que lle permitirán desenvolverse de forma autónoma na súa vida.

4.1.4. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA AO DESENVOLVEMENTO  DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.
A área de Educación artística contribúe á adquisición de distintas competencias básicas.
· Á competencia cultural e artística faino directamente en todos os aspectos que a configuran. Nesta etapa ponse a énfase no coñecemento de diferentes códigos artísticos e na utilización das técnicas e os recursos que lles son propios, axudando ao alumnado a iniciarse na percepción e a comprensión do mundo que lle rodea e a ampliar as súas posibilidades de expresión e comunicación cos demais.
· Ao facer da exploración e a indagación os mecanismos apropiados para definir posibilidades, buscar solucións e adquirir coñecementos, promóvese de forma relevante a autonomía e iniciativa persoal. O proceso que leva ao neno desde a exploración inicial ata o produto final require dunha planificación previa e demanda un esforzo por alcanzar resultados orixinais, non estereotipados.
· A área é tamén un bo vehículo para o desenvolvemento da competencia social e cidadá. No ámbito da Educación Artística, a interpretación e a creación supón, en moitas ocasións, un traballo en equipo.
· No que se refire á competencia no coñecemento e interacción co mundo físico, a área contribúe á apreciación da contorna a través do traballo perceptivo con sons, formas, cores, liñas, texturas, luz ou movemento presentes nos espazos naturais e nas obras e realizacións humanas.

Á competencia para aprender a aprender contribúese na medida en que se favoreza a reflexión sobre os procesos na manipulación de obxectos, a experimentación con técnicas e materiais e a exploración sensorial de sons, texturas, formas ou espazos, co fin de que os coñecementos adquiridos doten a nenos e nenas dunha bagaxe suficiente para utilizalos en situacións diferentes.
· Á competencia en comunicación lingüística pódese contribuír, como desde todas as áreas, a través da riqueza dos intercambios comunicativos que se xeran, do uso das normas que os rexen, da explicación dos procesos que se desenvolven e do vocabulario específico que a área achega.
· Ao tratamento da información e a competencia dixital contribúese a través do uso da tecnoloxía como ferramenta para mostrar procesos relacionados coa música e as artes visuais e para achegar ao alumno á creación de producións artísticas e á análise da imaxe e o son e das mensaxes que estes transmiten.
En canto á competencia matemática, a expresión artística utiliza a lóxica e o razoamento, as numerosas clasificacións atendendo aos máis diversos criterios, os números e medidas, tanto no ámbito musical, coas medidas de tempo expresadas en diversos conceptos da métrica, como no campo plástico e visual, onde os aspectos matemáticos forman parte dos seus contidos.

 

4.1.5 CONTRIBUCIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

COMPETENCIAS BÁSICAS NA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 

 

 

 

  Enumerarei as competencias básicas na orde que eu considero que a área de educación física incide nas mesmas , de maior a menor:

 

    C1ª Coñecemento e interacción co mundo físico:

 

                 *Percibir o propio corpo (esquema corporal).

                 *Coñecer e valorar a actividade física (educación para a saúde)

                 *Adquirir hábitos saudables.

                 *Conquerir hábitos hixiénicos.

                 *Mellorar a nosa motricidade para unha mellor interacción co mundo físico.

 

     C2ª Autonomía e iniciativa personal:

 

                  *Traballar , xogar cooperativamente.

                  *Ter unha actitude positiva a nivel xeral.

                  *Aprender a tomar decisións (xogos , actividades...)

                  *Organizar grupos para xogos,deportes ,danzas...

                  *Adquirir autonomía para ter uns hábitos hixiénicos axeitados para

                    a práctica dunha actividade física.

 

     C3ª Aprender a aprender:   

 

                   *Ser consciente das capacidades e habilidades físicas.

                   * Seguir o dito "o que a segue a consegue".

                   * Intentar realizar calquera xogo,actividade ...

                   *Aproveitar o aprendido para aprender

                   *Seguir o dito de "non dar peces,ensinar a pescar".

 

      C4ªSocial e cidadá:

 

                    *Adquirir habilidades sociais.

                    *Desenrolar a cooperación.

                    *Desenrolar unha competitividade ben entendida e nobre.

                    *Entender e aceptar as diferentes regras dos xogos e predeportes.

                    *Ser compañeir@ de tod@s sen excluir a ninguén.

 

       C5ªCultural e artística:

 

                     *Realizar danzas de diferentes culturas.

                     *Aprender xogos doutras culturas.

 

                     *Expresar ideas e sentimentos de forma creativa.

                     *Disfrutar cos xogos tradicionais.

                     *Apreciar as manifestacións deportivas positivamente e sen fanatismos.

 

 

         C6ª Matemáticas:

 

                       *Realizar diferentes agrupacións en situación de xogos,danzas...

                       *Afianzar operacións básicas de aritmética.

                       *Traballar e mellorar o cálculo metal en xogos perceptivo- motores.

                       *Aprender conceptos básicos de xeometría cas actividades motrices.

                       *Afianzar conceptos topolóxicos.

                       *Traballar secuencias,cantidades,orde...

 

         C7ª Comunicación lingüística:

 

                        *Entender as explicación das actividades , xogos ...

                        *Expresarse cando haxa dudas.

                        *Deixar falar os demáis.

                        *Gardar silencio cando se requira.

                        *Aprender a escoitar.

 

         C8ª Tratamento da información e a competencia dixital:

 

                         *Asimilar as explicacións da asignatura.

                         *Comprender de xeito crítico as menxases dos diferentes

                           medios relacionados ca nosa imaxe corporal

                         *Adquirir información sobre actividade física (prensa , internet

                           libros , fichas ...)

 

 

 

 

 

 

4.1.7 CONTRIBUCIÓN DA AREA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

A área de lingua e literatura galega,  pola súa propia natureza,  achega ao desenvolvemento de todos os aspectos que constitúen a competencia lingüística. Así o noso proxecto estuda a lingua oral, a lingua escrita, a educación literaria e o
coñecemento e uso da lingua. Cabe, tamén, destacar que as estratexias
que constitúen a competencia comunicativa adquírense desde unha
lingua determinada, pero non se refiren exclusivamente a saber usar esta lingua,
senón ao emprego da linguaxe. Esta característica da aprendizaxe
lingüística ten unha gran importancia, xa que as aprendizaxes que se efectúan
nunha lingua aplícanse á aprendizaxe doutras, cuxo coñecemento
contribúe, á súa vez, a acrecentar esta competencia sobre o uso da linguaxe
en xeral.

 

A área aborda contidos cuxo desenvolvemento suporá unha inestimable cooperación ao desenvolvemento das restantes competencias:

Aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal. A linguaxe fai posible o acceso a coñecemento, a construción do saber persoal; é ademais o medio de comunicación cun mesmo e o vehículo de representación do mundo. O impulso a esta competencia favorecerá a adquisición de hábitos de lectura como instrumento esencial para a aprendizaxe do resto das áreas.
- Tratamento da información e competencia dixital. O desenvolvemento da área
implica a selección e a lectura comprensiva de textos, a análise da súa estrutura e os seus elementos para empregalos na produción oral e escrita, a utilización básica do computador co uso de soportes electrónicos para a composición de textos, a procura guiada e a selección significativa de información en Internet e en enciclopedias multimedia.
- Competencia social e cidadá. A linguaxe verbal é o vehículo esencial de comunicación, por iso o seu enriquecemento achegará habilidades e destrezas para a convivencia, o respecto e o entendemento entre as persoas. Aprender lingua é, ante todo, aprender a comunicarse cos outros, comprender o que estes transmiten, tomar contacto con distintas realidades, asumir e mellorar a propia expresión como vía de apertura aos demais.
- Competencia artística e cultural. Desenvólvese por medio do coñecemento das manifestacións literarias: características, valoración da súa diversidade, intercambio, análise e goce de obras representativas de distintas culturas, recoñecemento daquelas que forman parte do patrimonio cultural.
- Competencia matemática.  A área de Lingua galega  e literatura coopera no estímulo á habilidade de interpretar e expresar con claridade e precisión informacións, datos e argumentacións, factores que inclúen habilidades propias da competencia matemática. A lectura atenta, a comprensión literal e a inferencia dos enunciados son esenciais no
proceso de resolución de problemas.


  1. OBXECTIVOS

 

 

5.1 OBXECTIVOS XERAIS DA ETAPA

 

 

  • Comprender e producir mensaxes orais e escritas en castelán e, no seu caso, en galego, atendendo a diferentes intencións e contextos de comunicación, así como comprender e producir mensaxes orais e escritas sinxelas e contextualizadas nunha lingua estranxeira.

 

  • Comunicarse a través dos medios de expresión verbal, corporal, visual, plástica, musical e matemática, desenvolvendo o razoamento lóxico, verbal e matemático, así como a sensibilidade estética, a creatividade e a capacidade para gozar das obras e manifestacións artísticas.

 

  • Utilizar na resolución de problemas sinxelos os procedementos oportunos para obter a información pertinente e representala mediante códigos, tendo en conta as condicións necesarias para a súa solución.

 

  • Identificar e presentar interrogantes e problemas a partir da experiencia diaria, utilizando tanto os coñecementos e os recursos materiais dispoñibles como a colaboración doutras persoas para resolvelos de forma creativa.

 

  • Actuar con autonomía nas actividades habituais e nas relacións de grupo, desenvolvendo as posibilidades de tomar iniciativas e de establecer relacións afectivas.

 

  • Colaborar na planificación e realización de actividades en grupo; aceptar as regras e normas que democraticamente se establezan; articular os obxectivos e intereses propios cos dos outros membros do grupo, respectando os puntos de vista distintos, e asumir as responsabilidades que correspondan.

 

  • Establecer relacións equilibradas e construtivas coas persoas en situacións sociais coñecidas; comportarse de maneira solidaria, recoñecendo e valorando criticamente as diferenzas de tipo social e rexeitando calquera discriminación baseada en diferenzas de sexo, clase social, crenzas, raza e outras características individuais e sociais.

 

  • Apreciar a importancia dos valores básicos que rexen a vida e a convivencia humanas e obrar de acordo con eles.

 

  • Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do medio natural e social e contribuír activamente, na medida do posible, á defensa, conservación e mellora do medio.

 

  • Coñecer o patrimonio cultural, participar na súa conservación e mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e individuos, desenvolvendo unha actitude de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

 

  • Coñecer e apreciar o propio corpo e contribuír ao seu desenvolvemento, adoptando hábitos de saúde e benestar e valorando as repercusións de determinadas condutas sobre a saúde e a calidade de vida.

 

 

 

LINGUA GALEGA / OBXECTIVOS DE ETAPA

 

A ensinanza da Lingua galega e Literatura na etapa de Educación Primaria ten os seguintes obxectivos:

 

  • Valorar e estimar a lingua de Galicia e usala como medio de transmisión en todas situacións da vida cotiá.
  • Respectar aqueles interlocutores que utilicen unha lingua diferente.
  • Escoitar e comprender mensaxes orais diversas máis amplas e complexas vinculadas aos seus centros de interese e ás súas experiencias.
  • Captar o senso xeral de textos orais e escritos diferenciando os datos esenciais dos detalles superfluos.
  • Aplicar a comprensión de textos orais e escritos a novas situacións de comunicación.
  • Profundar no desenvolvemento da expresión oral en diferentes situacións de comunicación, producindo textos máis complexos e con vocabulario máis ricos.
  • Expresar as súas vivencias e experiencias dun xeito creativo a través de textos narrativos e descritivos, empregando procedementos sinxelos que dean cohesión ao texto.
  • Apreciar a existencia doutras linguas e desenvolver unha actitude positiva cara a elas.
  • Respectar distintos usos de lingua.
  • Interpretar e producir mensaxes nas que se combinen, ademais dos recursos expresivos empregados no primeiro ciclo, as imaxes, debuxos, sons… mostrando unha intención creativa.
  • Afeccionarse á lectura para divertirse e coñecer un mundo distinto de aventuras, comparándoo coas súas propias experiencias para poder amplialas.
  • Ler con fluidez e comprender textos máis extensos e complexos.
  • Descubrir que a lectura é un medio para adquirir información ao mesmo tempo que serve para perfeccionar e enriquecer a súa lingua.
  • Adquirir autonomía na selección de lecturas e mostrar interese por ir formando a súa propia biblioteca.
  • Aprender a buscar información para resolver dúbidas en libros de consulta, da biblioteca, manexar fichas e ficheiros.
  • Ampliar as posibilidades creativas e expresivas da lingua a partir da creación de textos, para aumentar a sensibilidade estética e formar a súa propia personalidade, tendo como modelos textos literarios ou partindo de textos creados por eles mesmos.
  • Achegarse á literatura para desenvolver a sensibilidade estética e estimular a imaxinación.
  • Valorar a lingua oral e escrita como instrumento para conservar de modo estable e permanente a información, así como medio para a revisión e mellora das súas propias producións.
  • Utilizar progresivamente a linguaxe oral e escrita como instrumento de planificación de actividades de ensinanza-aprendizaxe en todas as áreas.
  • Recoñecer e identificar que determinados usos de lingua, en textos orais e escritos, ofrecen valoracións distintas respecto á relación entre sexos, entre clases sociais e entre razas.
  • Mostrar unha actitude crítica cara aos usos de lingua que comporten calquera tipo de discriminación.
  • Buscar expresións alternativas para suplir aqueles termos que comporten calquera tipo de discriminación.
  • Recoñecer e empregar un vocabulario que satisfaga as súas capacidades comunicativas, sendo capaces de clasificalo e relacionalo.
  • Coñecer e analizar os elementos característicos dos medios de comunicación.
  • Interpretar mensaxes nas que aparecen recursos expresivos non lingüísticos.
  • Prestar atención ás mensaxes non explícitas dos medios de comunicación.

 

TEMPORALIZACIÓN lingua galega terceiro curso.

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1. A fada de marmelada.

 Setembro

 

 

 

 

 

2.  A festa monstruosa.

Outubro

 

3.  Espantallo amigo.

Novembro

 

4. A galiña dos ovos de ouro.

Novembro

 

5. Un animalitos ben proveitosos.

Decembro

 

6. Lúa mentireira.

Xaneiro

 

 

 

7. Por qué a auga do mar é salgada?

Febreiro

 

8. O reloxo do bisavó.

Febreiro

 

9 . León na neve.

Marzo

 

10.  Bós días!

Marzo

 

11. O cura que falaba ó revés.

Abril

 

 

 

12. Unha chave especial.

Abril

 

13. Unhas Vilas sen escolas.

Maio

 

14. Gregoria Cartolina.

xuño

 

15.  Dinomanía.

xuño

 

 

 

TEMPORALIZACIÓN lingua galega cuarto curso

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1.  Con toda a luz.

 Setembro

 

 

 

 

 

2.  Berta e o rato Pérez.

Outubro

 

3.  O rei larpeiro.

Novembro

 

4. Un pedra máxica?  Non, grazas.

Novembro

 

5.  Ti tamén podes salvar a Terra.

Decembro

 

6. Os dous burros.

Xaneiro

 

 

 

7.  A princesa astrónoma.

Febreiro

 

8. O canto do grilo.

Febreiro

 

9 . Encontro con Rodolfo.

Marzo

 

10.  Nécora e Margarida.

Marzo

 

11. A dona encantada.

Abril

 

 

 

12.  Un barullo na cabeza.

Abril

 

13.  O camelo perdido.

Maio

 

14.  Hércules e atlas.

Xuño

 

15.  No museo de istoria.

Xuño

 

 

LINGUA CASTELÁ  / OBXECTIVOS DE ETAPA

 

O ensino da Lingua castelá e Literatura na etapa de Educación Primaria ten os seguintes obxectivos:

• Comprender discursos orais e escritos, interpretándoos cunha actitude crítica e aplicar a comprensión dos mesmos a novas situacións de aprendizaxe.

• Expresarse oralmente e por escrito de forma coherente, tendo en conta as características das diferentes situacións de comunicación e os aspectos normativos da lingua.

• Recoñecer e apreciar a unidade e diversidade lingüística de España e da sociedade, valorando a súa existencia como un feito cultural enriquecedor.

• Utilizar a lingua oral para intercambiar ideas, experiencias e sentimentos, adoptando unha actitude respectuosa ante as achegas dos outros e atendendo ás regras propias do intercambio comunicativo.

• Combinar recursos expresivos, lingüísticos e non lingüísticos, para interpretar e producir mensaxes con diferentes intencións comunicativas.

• Utilizar a lectura como fonte de pracer, de información e de aprendizaxe e como medio de perfeccionamento e enriquecemento lingüístico e persoal.

• Explorar as posibilidades expresivas orais e escritas da lingua para desenvolver a sensibilidade estética, buscando canles de comunicación creativos no uso autónomo e persoal da linguaxe.

• Reflexionar sobre o uso da lingua, comezando a establecer relacións entre os aspectos formais e os contextos e intencións comunicativas aos que responden, para mellorar as propias producións.

• Reflexionar sobre o uso da lingua como vehículo de valores e prexuízos clasistas, racistas, sexistas, etc., co fin de introducir as autocorrecciones pertinentes.

• Utilizar a lingua de forma oral e por escrito como instrumento de aprendizaxe e planificación da actividade mediante o recurso a procedementos (discusión, esquema, guión, resumo, notas) que facilitan a elaboración e anticipación de alternativas de acción, a memorización de informacións e a recapitulación e revisión do proceso seguido.

 

TEMPORALIZACIÓN lingua castelá cuarto curso

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1.  qué miedo !

 Setembro

 

 

 

 

 

2.  La niña que no podía decir la A

Outubro

 

3.  Un regalo del mar .

Novembro

 

4. los ojos bien abiertos.

Novembro

 

5.  El fiel halcón.

Decembro

 

6. La guerra de los cien años.

Xaneiro

 

 

 

7.  proppof

Febreiro

 

8. El rey y el juglar.

Febreiro

 

9 . Casas especiales

Marzo

 

10.  Androcles y el león

Marzo

 

11. La boca del león

Abril

 

 

 

12.  Tralara,la, la ,la.

Abril

 

13.  Una abeja presidente.

Maio

 

14.  Ulises y las sirenas.

Xuño

 

15.  Un nuevo rey.

Xuño

 

 

TEMPORALIZACIÓN lingua castelá terceiro curso

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1. La princesa silenciosa.

 Setembro

 

 

 

 

 

2.  Rosalinde se enfada.

Outubro

 

3.  Las lágrimas de Justino.

Novembro

 

4. Grandes viajes.

Novembro

 

5. El burro requetelisto.

Decembro

 

6. Un safari en Kenia.

Xaneiro

 

 

 

7. La luna y el sol.

Febreiro

 

8. Una elección acertada.

Febreiro

 

9 . Un fenómeno espectacular.

Marzo

 

10.  Super sapo.

Marzo

 

11. El héroe de los arrozales.

Abril

 

 

 

12. La grulla.

Abril

 

13. Disparates por carta.

Maio

 

14. Un chico afortunado.

Xuño

 

15.  El falso principe.

Xuño

 

 

MATEMÁTICAS  / OBXECTIVOS DE ETAPA

 

 

A ensinanza das Matemáticas na etapa de Educación Primaria ten os seguintes obxectivos: 

 

  • Utilizar o coñecemento matemático para interpretar, valorar e producir informacións e mensaxes sobre fenómenos coñecidos.

 

  • Recoñecer situacións do seu medio habitual nas que existan problemas onde para o tratamento se requiran operacións elementais de cálculo, formulalos mediante formas sinxelas de expresión matemática e resolvelos utilizando os algoritmos correspondentes.

 

  • Utilizar instrumentos sinxelos de cálculo e medida decidindo, en cada caso, sobre a posible pertinencia e vantaxes que implica o seu uso e sometendo os resultados a unha revisión sistemática.

 

  • Elaborar e utilizar estratexias persoais de estimación, cálculo mental e orientación espacial para a resolución de problemas sinxelos, modificándoas se fora necesario.

 

  • Identificar formas xeométricas no seu contorno inmediato, utilizando o coñecemento dos seus elementos e propiedades para incrementar a súa comprensión e desenvolver novas posibilidades de acción nese contorno.

 

  • Utilizar técnicas elementais de recollida de datos para obter información sobre fenómenos e situacións do seu contorno; representala de forma gráfica e numérica e formarse un xuízo sobre a mesma.

 

  • Apreciar o papel das matemáticas na vida cotiá, gozar co seu estudo  e recoñecer o valor de actitudes como a exploración de distintas alternativas, a conveniencia da precisión ou a perseveranza na procura de solucións.

 

  • Identificar na vida real situacións e problemas susceptibles de seren analizados coa axuda de códigos e sistemas de numeración, utilizando as propiedades e características destes para lograr unha mellor comprensión e resolución deses problemas.

 

 

            TEMPORALIZACIÓN matemáticas cuarto curso

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1.  números de cinco cifras.

 Setembor

 

 

 

 

 

2.  números de dous e de dete cifras.

Outubro

 

3.  Suma e resta.

Novembro

 

4. Multiplicación.

Novembro

 

5. Práctica da multiplicación.

Decembro

 

6. Rectas e ángulos.

Xaneiro

 

 

 

7. División.

Febreiro

 

8. Práctica da división.

Febreiro

 

9 . Tempo e diñeiro.

Marzo

 

10.  Polígonos.

Marzo

 

11. Fraccións e decimais.

Abril

 

 

 

12.  Lonxitude.

Abril

 

13. Capacidade e masa.

Maio

 

14.  Estatística e probabilidade.

Xuño

 

15.  Corpos xeométricos.

Xuño

 

 

TEMPORALIZACIÓN matemáticas terceiro curso.

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1. Números de tres cifras.

 Setembro

 

 

 

 

 

2.  Números de catro e cinco cifras.

Outubro

 

3.  suma.

Novembro

 

4. Resta.

Novembro

 

5. Rectas e ángulos.

Decembro

 

6. Multiplicación.

Xaneiro

 

 

 

7.Práctica da multiplicación.

Febreiro

 

8. Figuras planas.

Febreiro

 

9 . División.

Marzo

 

10.  Práctica da división.

Marzo

 

11. Lonxitude.

Abril

 

 

 

12. Capacidade e masa.

Abril

 

13. Tempo e diñeiro.

Maio

 

14. Perímetro e área.

Xuño

 

15.  Corpos xeométricos.

 Xuño

 

 

 

 

COÑECEMENTO DO MEDIO / OBXECTIVOS DE ETAPA

 

 

A ensinanza do Coñecemento do medio na etapa de Educación Primaria ten os seguintes obxectivos:: 

 

  • Comportarse de acordo cos hábitos de saúde e coidado corporal que se derivan do coñecemento do corpo humano e das súas posibilidades e limitacións, mostrando unha actitude de aceptación e respecto polas diferenzas individuais (idade, sexo, características físicas, personalidade …).

 

  • Participar en actividades grupais adoptando un comportamento construtivo, responsable e solidario, valorando as achegas propias e alleas en función de obxectivos comúns, e respectando un funcionamento democrático.

 

  • Recoñecer e apreciar a súa pertenza a uns grupos sociais con características e trazos propios (pautas de convivencia, relacións entre os membros, costumes e valores compartidos, lingua común, intereses …), respectando e valorando as diferenzas con outros grupos e rexeitando calquera clase de discriminación por este feito.

 

  • Reforzar os lazos de pertenza a Galicia a través do coñecemento e valoración das súas peculiaridades ambientais, históricas e culturais.

 

  • Analizar algunhas manifestacións da intervención humana no medio, valorar criticamente a súa necesidade e alcance, e adoptar un comportamento na vida acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico e de conservación do patrimonio cultural.

 

  • Recoñecer no medio social as transformacións relacionadas co paso do tempo, indagar algunhas relacións de simultaneidade e sucesión deses cambios, e aplicar estes conceptos ao coñecemento doutros momentos históricos.

 

  • Identificar os principais elementos do contorno natural, analizando as súas características máis relevantes, a súa organización e interaccións e progresando no dominio de ámbitos espaciais cada vez máis complexos.

 

  • Interpretar, expresar e representar feitos, conceptos e procesos do medio socio-natural mediante diferentes códigos (cartográficos, numéricos, técnicos …).

 

  • Identificar os principais elementos e funcións do contorno referidos á rúa e a localidade.

 

  • Identificar, presentarse e resolver interrogantes e problemas relacionados con elementos significativos do seu contorno, utilizando estratexias, progresivamente máis sistemáticas e complexas, de busca, almacenamento e tratamento da información, de formulación de conxecturas, de comprobación e de exploración de solucións alternativas.

 

  • Deseñar e construír dispositivos e aparellos cunha finalidade previamente establecida, utilizando o seu coñecemento das propiedades dalgúns materiais, substancias e obxectos.

 

  • Identificar algúns obxectos e recursos tecnolóxicos no medio e valorar a súa contribución a satisfacer determinadas necesidades humanas, adoptando posicións favorables a que o desenvolvemento tecnolóxico se oriente cara a usos pacíficos e unha maior calidade de vida.

 

TEMPORALIZACIÓN coñecemento do medio terceiro curso.

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1. O noso Corpo.

 Septiembre

 

 

 

 

 

2.  Os sentidos.

Octubre

 

3.  Os seres vivos.

Novembro

 

4. os animais vertebrados.

Novembro

 

5. Os animais invertebrados.

Decembro

 

6. O planeta Terra.

Xaneiro

 

 

 

7. A auga.

Febreiro

 

8. As máquinas.

Febreiro

 

9 . O ar e o tempo atmosférico.

Marzo

 

10.  As paisaxes.

Marzo

 

11. A localidade e a poboación.

Abril

 

 

 

12. Os traballos.

Abril

 

13. O traballo e os servizos.

Maio

 

14. As institucións da localidade.

Xuño

 

15.  Coñecer o pasado.

Xuño

 

 

 

 

TEMPORALIZACIÓN COÑECEMENTO CUARTO CURSO.

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1.  O noso corpo por dentro.

 Setembro

 

 

 

 

 

2.  A saúde.

Outubro

 

3.  As plantas.

Novembro

 

4. Os minerais, as rochas e o solo.

Novembro

 

5.  Os ecosistemas.

Decembro

 

6. A materia.

Xaneiro

 

 

 

7.  As forzas e a enerxía.

Febreiro

 

8. A luz.

Febreiro

 

9 . O territorio onde vivimos.

Marzo

 

10.  As paisaxes de Galicia.

Marzo

 

11. A poboación e as tradicións.

Abril

 

 

 

12.  O traballo en Galicia.

Abril

 

13.  As institucións políticas.

Maio

 

14.  A vida hai miles de anos.

Xuño

 

15.  A vida hai centos de anos.

 Xuño

 

 

 

 

 

 

EDUCACIÓN ARTÍSTICA / OBXECTIVOS DE ETAPA

 

A ensinanza da Educación artística na etapa de Educación Primaria ten os seguintes obxectivos: 

 

  • Comprender as posibilidades do son, a imaxe, o xesto e o movemento como elementos de representación e utilizalas para expresar ideas, sentimentos e vivencias de forma persoal e autónoma en situacións de comunicación e xogo.

 

  • Aplicar os seus coñecementos artísticos á observación das características máis significativas das situacións e obxectos da realidade cotiá, intentando seleccionar aquelas que considere máis útiles e adecuadas para o desenvolvemento de actividades artísticas e expresivas.

 

  • Utilizar o coñecemento dos elementos plásticos, musicais e dramáticos básicos na análise de producións artísticas propias e alleas e na elaboración de producións propias.

 

  • Expresarse e comunicarse producindo mensaxes diversas, utilizando para iso os códigos e formas básicas das distintas linguaxes artísticas, así como as súas técnicas específicas.

 

  • Realizar producións artísticas de forma cooperativa que supoñan papeis diferenciados e complementarios na elaboración dun produto final.

 

  • Explorar materiais e instrumentos diversos (musicais, plásticos e dramáticos) para coñecer as súas propiedades e posibilidades de utilización con fins expresivos, comunicativos e lúdicos.

 

  • Utilizar a voz e o propio corpo como instrumentos de representación e comunicación plástica, musical e dramática, e contribuír con iso ao equilibrio afectivo e á relación cos outros.

 

  • Coñecer os medios de comunicación nos que operan a imaxe e o son e os contextos en que se desenvolven, sendo capaz de apreciar criticamente os elementos de interese expresivo e estético.

 

  • Comprender e usar os elementos básicos da notación musical como medio de representación, expresión e coñecemento de ideas musicais, tanto propias coma alleas.

 

  • Ter confianza nas elaboracións artísticas propias, gozar coa súa realización e apreciar a súa contribución ao goce e ao benestar persoal.

 

  • Coñecer e respectar as principais manifestacións artísticas presentes no contorno, así como os elementos máis destacados do patrimonio cultural, desenvolvendo criterios propios de valoración.

 

TEMPORALIZACIÓN Plástica terceiro curso.

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1.Caras e xestos.

 Setembro

 

 

 

 

 

 

 

2.  Manualidades cas follas das árbores.

Outubro

 

3.As formas das árbores.

Novembro

 

4. Plumas, pelo e escamas.

Novembro

 

5. Paisaxes de Nadal, e a  árbore.

Decembro

 

6. Papeis de agasallo.

Xaneiro

 

 

 

7.  Caretas do entroido.

Febreiro

 

8. Esculturas orixinais.

Febreiro

 

9 . Unha escena primaveral.

Marzo

 

10.  Colage de elementos.

Marzo

 

11. Líneas e pinceladas.

Abril

 

 

 

12. As cores.

Abril

 

13. A plaza do pobo.

Maio

 

14. Esculturas do mundo.

Xuño

 

15.  Inventar un castillo.

Xuño

 

 

TEMPORALIZACIÓN PLÁSTICA terceiro curso.

Unidade didáctica

 

 

 

 

 

             MES

TRIMESTRE

 

1.Os movementos do Corpo.

 Setembro

 

 

 

 

 

 

 

2.  Figuras e fondos.

Outubro

 

3.  Bodegóns.

Novembro

 

4. Mosaicos.

Novembro

 

5. Paisaxes curiosas.

Paisaxes de Nadal, e a  árbore.

Decembro

 

6. Un robot especial.

Xaneiro

 

 

 

7. Cadeiras e mais cadeiras.

Febreiro

 

8. Cores de entroido.

Febreiro

 

9 . Os ovos de pascua.

Marzo

 

10.  Catedral de Reims.

Marzo

 

11. Fragmentos descolocados.

Abril

 

 

 

12. Pescadores.

Abril

 

13. Unha imaxe do deserto.

Maio

 

14. Edificios diferentes.

Xuño

 

15.  O xardín sen fin.

 Xuño

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA / OBXECTIVOS DE ETAPA

OBXECTIVOS

 

 

 

 

Obxectivos xerais educación física

2º ciclo de primaria

CEIP Pio XII

 

*Conquerir un bo control (de xeito particular e combinado) do maior 

  número posible de habilidades motrices básicas.

 

*Manter o máis posible a flexibilidade respecto ó primeiro ciclo e iniciar @

  alumn@ no aprendizaje de exercicios de flexibilidade.

 

*Ter unha correcta educación postural.

 

*Estructurar a percepción espacio – temporal a un nivel maior que no

  primeiro ciclo e axeitado ó segundo.

 

*Fomentar a creatividade do grupo e o individuo,lograr unha maior

  desinhibición na utilización da linguaxe corporal.

 

*Tomar conciencia das posibles actividades físico – recreativas que poden

  realizar (incluídas as do medio natural) .

 

*Convivir , disfrutar e aceptar as norma dos distintos xogos

 

*Respetar @s compañeir@s , evitando estereotipos sexistas e actitudes

  de rexeitamento..

 

*Reforzar hábitos de saúde corporal , coidado do material propio e da clase de  educación física.

 

 

 

 

  • AREA DE LINGUA ESTRANXEIRA —INGLÉS—

 

OBXECTIVOS

 

  1.1.  Recoñecer e representar correctamente as ordes orais e as expresións escritas obxecto de estudo.

  1.2.  Comprender a información global de textos orais e escritos sinxelos referentes a situacións coñecidas.

  2.1.  Utilizar a lingua inglesa de forma oral para comunicarse co profesor ou profesora e cos compañeiros e compañeiras nas actividades habituais da clase, respectando as distintas contribucións.

  2.2.  Valorar a compañía e a cooperación de todos na clase de inglés.

  3.1.  Producir textos escritos breves e sinxelos correctamente sobre o seu corpo, a súa familia, a súa casa, os xogos, os alimentos e os animais, expresando o seu agrado ou desagrado respecto a persoas, cousas, funcións ou situacións.

  3.2.  Clasificar palabras segundo categorías moi sinxelas.

  4.1.  Ler de forma comprensiva textos curtos e sinxelos, previamente traballados de forma oral, relacionados coas súas experiencias e intereses.

  4.2.  Ler de forma comprensiva as súas propias producións escritas.

  4.3.  Ler de forma comprensiva os sinais, anuncios e mensaxes básicos máis habituais do contorno e os medios de comunicación.

  5.1.  Valorar a importancia de comunicarse nunha lingua estranxeira e gozar con isto.

  5.2.  Respectar os costumes e tradicións dos nenos e nenas doutras culturas.

  5.3.  Recoñecer e desenvolver as capacidades persoais para aprender a utilizar a lingua estranxeira como vehículo de comunicación.

  6.1.  Comprender e utilizar, oralmente e por escrito, as convencións lingüísticas e non lingüísticas básicas máis usuais, para interpretalas e responder adecuadamente.

  6.2.  Manexar con destreza e asiduidade as convencións lingüísticas e non lingüísticas básicas máis usuais da lingua estranxeira.

  7.1.  Evocar accións para aprender e practicar novas expresións.

  7.2.  Recoñecer a importancia dos recursos utilizados na aprendizaxe doutras linguas para a súa aplicación na aprendizaxe da lingua estranxeira.

  8.1.  Identificar imaxes a partir das palabras escoitadas.

  8.2.  Establecer relacións entre o significado, a pronuncia e a representación gráfica do vocabulario estudado e utilizalo en frases sinxelas –enunciativas e interrogativas– co ritmo e entoación adecuados.

  9.1.  Escenificar rimas, cancións e contos breves, sinxelos e familiares da lingua inglesa.

  9.2.  Reflexionar sobre o emprego dos recursos non lingüísticos como vehículo de comunicación na lingua estranxeira.

  • AREA RELIXIÓN E MORAL CATÓLICA

 

OBXECTIVOS

 

  1.1.  Coñecer e valorar o significado dos principais feitos e expresións da fe cristiá para descubrir as mensaxes relixiosas que conteñen.

  2.1.  Utilizar a Biblia para descubrir os seus contidos básicos e a complementariedade entre o Antigo e o Novo Testamento.

  2.2.  Diferenciar os principais libros do Novo Testamento.

  3.1.  Describir os feitos e valores dos personaxes máis importantes da Biblia e da Igrexa, especialmente os da vida de Xesús e de María, para interiorizalos como modelos a imitar.

  4.1.  Relacionar as características da Igrexa local coas da Igrexa católica universal.

  4.2.  Valorar a Igrexa como corpo misterioso de Cristo.

  5.1.  Investigar os principais obxectos, xestos e símbolos da liturxia.

  5.2.  Identificar e valorar os sacramentos do Bautismo, Eucaristía e Penitencia.

  6.1.  Apreciar os interrogantes do ser humano e as respostas que lle ofrece Xesucristo.

  7.1.  Comparar e relacionar a dignidade do corpo e a importancia da natureza con afirmacións fundamentais da fe cristiá.

  8.1.  Aplicar normas e modelos de boa conduta cívica e cristiá para mellorar situacións actuais a través da adquisición de compromisos.

  9.1.  Descubrir nos grupos familiares e cristiáns os valores, actitudes e comportamentos que favorecen a boa convivencia na sociedade e na Igrexa.

10.1.  Coñecer e aplicar os principios e compromisos que se derivan da fe cristiá para unha mellor relación con Deus, cos demais e co medio ambiente.

11.1.  Descubrir a contribución do cristianismo ás manifestacións da cultura e o patrimonio artístico universal, especialmente na figura da Virxe María.

 

CONTIDOS DE 2º CICLO

LINGUA GALEGA E LITERATURA

 

Bloque 1. Escoitar e falar.

 

-                     Participación e cooperación nas situacións comunicativas habituais con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral .

-                      Comprensión e valoración de textos orais procedentes da radio, da televisión ou da internet, con especial incidencia na noticia, para obter información xeral sobre feitos e acontecementos que resulten significativos.

-                     Produción de textos orais para expresar ideas, sentimentos, emocións, desexos, opinións e vivencias, e para elaborar plans.

-                     Uso de estratexias elementais para comprender as mensaxes orais: ton de voz, entoación, xestualidade e formulación de preguntas coherentes.

-                     Utilización de estratexias para potenciar a expresividade das mensaxes orais.

-                     Actitude de escoita adecuada ante situacións comunicativas (respecto das opcións de quen fala, non interrupcións inadecuadas, contacto visual).

-                     Escoita, memorización e reprodución de textos procedentes da literatura popular oral galega (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos).

-                     Valoración e aprecio do texto literario oral galego como fonte de coñecemento da propia cultura e como recurso de gozo persoal.

-                     Dramatización de situacións e de textos literarios diversos.

-                     Interese por expresarse oralmente con claridade, exposición ordenada, pronuncia e entoación adecuadas.

-                     Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 2. Ler e escribir.

 

-                     Comprensión de información relevante en textos de situacións cotiás de relación social, como correspondencia escolar, normas da clase, normas do comedor, normas do transporte, normas de uso da biblioteca ou regras de xogos.

-                     Comprensión de información xeral en textos procedentes de medios de comunicación social (incluídas webs infantís) con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección do xornal, localizando informacións destacadas en portadas, titulares, subtítulos, entradas.

-                     Comprensión de información relevante en textos para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica coma os de uso cotián (folletos, descricións, instrucións e explicacións).

-                     Contrastar información identificando, clasificando, comparando e interpretando.

-                     Composición de textos propios de situacións cotiás de relación social (correspondencia escolar, normas de convivencia, avisos, solicitudes, instrucións...) de acordo coas características propias destes xéneros.

-                     Composición de textos de información e de opinión característicos dos medios de comunicación social sobre acontecementos significativos, con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección do xornal, en situacións reais ou simuladas, así como nos SMS.

-                     Produción de textos relacionados co ámbito académico para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, resumos, informes sinxelos, descricións, explicacións...)

-                     Uso das estratexias de planificación, de textualización e de revisión como partes do proceso escritor.

-                     Utilización de elementos gráficos e paratextuais, con grao crecente de dificultade, para facilitar a comprensión (ilustracións, subliñados, gráficos e tipografía).

-                     Lectura persoal, silenciosa e en voz alta, de obras en galego adecuadas á idade e aos intereses das alumnas e dos alumnos.

-                     Introdución ás estratexias de control do proceso lector (anticipación, hipotetización, relectura...)

-                     Lectura guiada e expresiva de textos narrativos de literatura infantil galega, adaptacións de obras literarias clásicas e de literatura actual en diversos soportes.

-                     Comprensión, memorización e recitado de poemas, co ritmo, pronuncia e a entoación adecuados.

-                     Desenvolvemento da autonomía lectora, da capacidade de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais.

-                     Valoración e aprecio do texto literario como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas, e como recurso de desfrute persoal.

-                     Elaboración e reescritura de textos literarios (contos, cómics, poesías) e non literarios.

-                     Interese polo coidado e pola presentación dos textos escritos, así como atención ás normas ortográficas.

-                     Utilización de estratexias de resolución de dificultades lóxicas e/ou ortográficas (uso de dicionarios variados en diversos soportes).

-                     Dramatización e lectura dramatizada de situacións e de textos diversos.

-                     Coñecemento do funcionamento da biblioteca do centro e participación en actividades literarias.

-                     Iniciación á creación dunha biblioteca persoal.

-                     Uso guiado de programas informáticos de procesamento de textos.

-                     Uso dirixido das tecnoloxías da información e da comunicación e das bibliotecas para obter información e modelos para a composición escrita e para a lectura.

Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua.

-                     Identificación de estruturas narrativas, descritivas, instrutivas e explicativas sinxelas para a comprensión e composición de textos.

-                     Coñecemento das regras ortográficas, apreciando o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas nos escritos.

-                     Coñecemento da diversidade lingüística e valoración positiva desta riqueza.

-                     Uso e definición intuitiva nas actividades de produción e de interpretación da terminoloxía seguinte: denominación dos textos traballados, enunciado, palabra e sílaba, xénero e número, determinantes, cuantificadores, tempos verbais (pasado, presente, futuro).

-                     Identificación de palabras compostas e derivadas, de sinónimos e de antónimos en relación coa comprensión e coa produción de textos.

-                     Comparación de estruturas sintácticas elementais para observar a súa equivalencia semántica ou posibles alteracións do significado.

-                     Inserción e coordinaciión de oracións como instrumento na mellora da composición escrita.

-                     Exploración das posibilidades do uso de diversos enlaces entre oracións (adición, causa, oposición, contradición...) en relación coa composición de textos.

-                     Identificación funcional das modalidades oracionais declarativa, interrogativa e exhortativa.

            Identificación intuitiva de suxeito e de predicado e dalgúns papeis semánticos do suxeito (axente, paciente).

 

CONTIDOS DA ÁREA DE LINGUA CASTELÁ

Bloque 1. Escoitar e falar

 

-         Participación e cooperación nas situacións comunicativas habituais (expresión espontánea, asemblea, informacións, conversas reguladoras da convivencia, debates, discusións ou instrucións) con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (petición e quendas de palabra, mantemento de tema, respecto ás opinións das demais persoas, papeis diversos no intercambio comunicativo, ton de voz, posturas e xestos adecuados).

-         Comprensión e valoración de textos orais procedentes da radio, da televisión ou de internet, con especial incidencia na noticia para obter información xeral sobre feitos e acontecementos que resulten significativos.

-         Comprensión e produción de textos orais para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián, de carácter informal (conversacións entre iguais e no equipo de traballo) e de un maior grao de formalización (exposicións na clase).

-         Produción de textos orais para expresar ideas, sentimentos, emocións, desexos, opinións e vivencias e para elaborar plans.

-         Uso de estratexias elementais para comprender as mensaxes orais: ton de voz, entoación, xestualidade e exposición de preguntas coherentes.

-         Emprego de estratexias para potenciar a expresividade das mensaxes orais.

-         Actitude de escoita axeitada ante situacións comunicativas (respecto das opcións de quen fala, evitar interrupción inadecuadas, contacto visual).

-         Escoita, memorización e reprodución de textos procedentes da literatura popular oral (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos).

-         Valoración e aprecio do texto literario oral como fonte de coñecemento da cultura e como recurso de gozo persoal.

-         Sensibilidade estética ante elementos imaxinativos, emotivos e creativos da literatura oral.

-         Dramatización de situacións e de textos literarios diversos.

-         Emprego de documentos audiovisuais para obter, seleccionar e relacionar informacións relevantes identificando, clasificando e comparando.

-         Actitude de cooperación e de respecto en situacións de aprendizaxe compartida.

-         Interese por expresarse oralmente con claridade, exposición ordenada, pronunciación e entoación axeitadas.

-         Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

 

Bloque 2. Ler e escribir.

-         Comprensión de información relevante en textos de situacións cotiás de relación social, como correspondencia escolar, normas da clase, normas do comedor, normas do transporte, normas de uso da biblioteca ou regras de xogos.

-         Comprensión de información xeral en textos procedentes de medios de comunicación social (incluídas webs infantís) con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección d oxornal, localizando informacións destacadas en portadas, titulares, subtítulos, entradas.

-         Comprensión de información relevante en textos para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián (panfletos, descricións, instrucións e explicacións).

-         Integración de coñecementos e de informacións procedentes de diferentes soportes para aprender e contrastar información identificando, clasificando, comparando e interpretando.

-         Composición de textos propiso de situacións cotiáns de relación social (correspondencia escolar, normas de convivencia, avisos, solicitudes, instrucións…) de acordo coas características propias destes xéneros.

-         Composición de textos de información e de opinión característicos dos medios de comunicación social sobre acontecementos significativos, con especial incidencia na noticia e nas cartas á dirección do xornal, en situacións reais ou simuladas, así como nos SMS.

-         Produción de textos relacionados co ámbito académico para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, resumos, informes sinxelos, descricións, explicacións…).

-         Uso das estratexias de planificación, de textualización e de revisión como partes do proceso escritor.

-         Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe e como medio de comunicación de experiencias e de regulación da convivencia.

-         Utilización de elementos gráficos e paratextuais, con grao crecente de dificultade, para facilitar a comprensión (ilustracións, subliñados, gráficos e tipografía).

-         Lectura persoal, silenciosa e en voz alta, de obras axeitadas á idade e aos intereses das alumnas e dos alumnos.

-         Introdución ás estratexias de control do proceso lector (anticipación, hipotetización, relectura…).

-         Lectura guiada e expresiva de textos narrativos de literatura infantil, adaptacións de obras literarias clásicas e literatura actual en diversos soportes.

-         Comprensión, memorización e recitado de poemas, co ritmo, a pronuncia e a entoación axeitadas.

-         Recreación e composición de poemas e de relatos para comunicar sentimentos, emocións, preocupacións, desexos, estados de ánimo ou recordos, recoñecendo as características dalgúns modelos.

-         Valoración da escritura como instrumento de relación social, de obtención e de reelaboración da información e dos coñecementos.

-         Desenvolvemento da autonomía lectora, da capacidade de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais.

-         Valoración e aprecio do texto literario como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas, e como recurso de gozo persoal.

-         Elaboración e reescritura de textos literarios (contos, cómics, poesías) e non literarios.

-         Interese polo coidado e pola presentación dos textos escritos, así como atención ás normas ortográficas.

-         Utilización de estratexias de resolución de dificultades léxicas e/ou ortográficas (uso de dicionarios variados en diversos soportes).

-         Dramatización e lectura dramatizada de situacións e de textos diversos.

-         Coñecemento do funcionamento da biblioteca do centro e participación en actividades literarias.

-         Iniciación á creación dunha biblioteca persoal.

-         Uso guiado de programas informáticos de procesamento de textos.

-         Uso dirixido das tecnoloxías da información e da comunicación e das bibliotecas para obter información e modelos para a composición escrita e para a lectura.

 

Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua.

-         Recoñecemento dos elementos do contexto comunicativo como factores que inciden na selección das formas orais ou escritas de intercambio comunicativo.

-         Identificación de estruturas narrativas, descritivas, instrutivas e explicativas sinxelas para a comprensión e composición de textos.

-         Recoñecemento das diferenzas máis relevantes entre lingua oral e escrita.

-         Coñecemento das regras ortográficas, apreciando o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas nos escritos.

-         Conciencia positiva da variedade lingüística existente no contexto escolar e social.

-         Coñecemento da diversidade lingüística e valoración positiva destan riqueza.

-         Comparación de textos orais e escritos producidos en diferentes variedades de lingua.

-         Comparación e transformación de enunciados mediante inserción, supresión, cambio de orde, segmentación e recomposición para xulgar a gramaticalidade dos resultados e facilitar o desenvolvemento dos conceptos lingüísticos ed a metalinguaxe.

-         Emprego e definición intuitiva nas actividades de produción e interpretación da terminoloxía seguinte: denominación dos textos traballados, enunciado, palabra e sílaba, xénero e número, determinantes, cuantificadores, tempos verbais (pasado, presente, futuro).

-         Identificación de palabras compostas e derivadas, de sinónimos e de antónimos en relación coa comprensión e coa produción de textos.

-         Comparación de estruturas sintácticas elementais para observar a súa equivalencia semántica ou posibles alteracións do significado.

-         Inserción e coordinación de oracións como instrumento no avance da composición escrita.

-         Exploración das posibilidades do uso de diversos enlaces entre oracións (adición, causa, oposición, contradicción...) en relación coa composición de textos.

-         Identificación funcional das modalidades oracionais declarativa, interrogativa e exhortativa.

-         Identificación intuitiva de suxeito e predicadoe dalgúns papeis semánticos do suxeito (axente, paciente).

 

CONTIDOS DA ÁREA DE MATEMÁTICAS

 

Bloque 1. Espazos e formas.

 

* Interpretación e elaboración de mensaxes que conteñan informacións sobre relacións espaciais.

 

* Descrición de posicións e de movementos en relación a unha mesma ou a un mesmo e a outros puntos de referencia.

 

* Descrición de itinerarios empregando unha linguaxe matemática o máis correcta posible coa incorporación de conceptos como rectas, curvas, paralelas e intersección de rectas.

 

* Recoñecemento de simetrías e de translacións en manifestacións e expresións artísticas.

 

* Interpretación, descrición e elaboración de planos de itinerarios, en maquetas e en bosquexos de medios próximos.

 

* Identificación de figuras planas e de corpos xeométricos (cubos, esferas, prismas, pirámides e cilindros) en obxectos e en espazos cotiáns. Descrición da súa forma, utilizando o vocabulario xeométrico básico (lados, arestas, caras, ángulos e vértices, segundo corresponda).

 

* Manipulación e experimentación con figuras e con corpos xeométricos para buscar elementos de regularidade neles, identificar as súas propiedades, comparalas e clasificalas con criterios elementais, formar figuras planas e corpos xeométricos a partir doutras por composición e descomposición.

 

* Resolución de problemas xeométricos interpretando o enunciado, recoñecendo os datos, identificando a información útil, planificando o proceso, poñéndoo en práctica e verbalizando para detectar erros e poder rectificar.

 

* Interese pola elaboración e presentación coidadosa das construcións xeométricas.

 

* Confianza nas propias posibilidades; curiosidade, interese e constancia para empregar as construcións xeométricas, os obxectos e as relacións espaciais.

 

* Participación activa e responsable no traballo en equipo. Gusto por compartir os procesos de resolución e os resultados obtidos.

 

Bloque 2. Cantidades.

 

* Busca e contraste de información relativa a aspectos matemáticos variados (como o número ou a medida ao longo da historia e en diferentes culturas, os conceptos traballados na aula...), utilizando diversas fontes: libros, internet, persoas expertas...

* Identificación do papel das matemáticas na vida cotiá e da necesidade de usalas en múltiples contextos escolares e familiares.

 

* Uso dos números en situacións variadas e familiares para solucionar problemas relacionados con cantidades recoñecendo o valor de posición das cifras.

 

* Lectura, escritura, ordenación, comparación (usando termos como maior que, menor que, diferente de, igual a, aproximadamente igual, maior que e menor que...), seriación, descomposición e representación na recta numérica de diversos números.

 

* Expresión de particións e de relacións en contextos familiares coa utilización de números fraccionarios comparándoos mediante a ordenación e a súa representación gráfica.

 

* Confianza nas propias posibilidades e perseveranza para utilizar os números, as súas relacións e as operacións na obtención e expresión de informacións, manifestando iniciativa persoal nos procesos de resolución de problemas da vida cotiá.

 

* Resolución de problemas sinxelos da vida cotiá: interpretando o enunciado, recoñecendo os datos, atopando a información relevante, planificando o proceso, elaborando hipóteses sobre o resultado, empregando estratexias persoais de resolución e as operacións numéricas (suma, resta, multiplicación e división por unha cifra) que sexan necesarias, comprobando as solucións e verbalizando o proceso.

 

* Formulación de problemas relacionados coa vida cotiá que necesiten da aplicación de coñecementos numéricos e de operacións para resolvelos.

 

* Valoración do contraste coas compañeiras e compañeiros, tanto do resultado final como das estratexias e procesos seguidos para chegar a el.

 

* Interpretación do error como incentivo de mellora.

 

* Valoración da constancia na realización do traballo operacional e do feito de non desanimarse ante as dificultades.

 

* Utilización en contextos familiares, para resolver situacións problemáticas, de: a suma como incremento; a resta como diminución, comparación e complemento; a multiplicación como suma abreviada, repetición e operador multiplicativo; e a división como repartición e agrupación.

 

* Interese para a utilización dos números e do cálculo numérico na resolución de problemas en situacións reais.

 

* Descomposición aditiva e multiplicativa dos números. Construción (empregando diferentes estratexias) e memorización das táboas de multiplicar.

 

* Realización de cálculos con números naturais indicando o coñecemento do significado das operacións, realizando estimacións sobre os resultados e valorando se a resposta é razoable, seleccionando o método máis conveniente para facer o cálculo (mentalmente, con algoritmos, con calculadora, con ordenador) e explicando as estratexias utilizadas.

 

* Interese pola presentación limpa, ordenada e clara dos cálculos e dos seus resultados.

* Mellora progresiva da seguridade, autonomía e iniciativa persoal nas aprendizaxes numéricas e algorítmicas.

 

* Realización de medicións para resolver problemas en contextos reais empregando unidades de medida convencionais (múltiplos e submúltiplos máis usuais), elixindo e usando adecuadamente os instrumentos, seleccionando as unidades adecuadas, usando estratexias persoais para medir e estimar, controlando e verbalizando o proceso de medida, contrastando resultados e expresándoos correctamente manifestando as unidades utilizadas.

 

* Comparación, establecemento de equivalencias funcionais e ordenación de unidades e de cantidades dunha mesma magnitude (tanto de lonxitude, de peso, de capacidade e de tempo como das derivadas do sistema monetario).

 

* Confianza nas propias posibilidades e intereses por compartir coas demais persoas os procesos que utilizan a medida para obter e expresar informacións e para resolver problemas en situacións reais.

 

* Interese pola presentación limpa e ordenada do proceso e pola expresión de medidas.

 

* Valorar a importancia de dispoñer dun sistema convencional de medidas.

 

Bloque 3. Tratamento da información e azar.

 

* Resolución e formulación de problemas en que se precise a interpretación de gráficas sinxelas (diagrama de barras e pictogramas) e de táboas de datos.

 

* Recollida e rexistro de datos (táboas de dobre entrada e gráficas) sobre obxectos, fenómenos e situacións familiares utilizando técnicas elementais de enquisas, de observación e de medición.

 

* Lectura, descrición e interpretación de táboas de dobre entrada e de gráficos de uso habitual na vida cotiá con propósitos funcionais.

 

* Interese pola elaboración e pola presentación de gráficos e de táboas de forma ordenada e clara.

 

* Confianza nas propias posibilidades, curiosidade, interese e constancia na interpretación de datos presentados de forma gráfica.

 

* Utilización de expresións como posible, imposible, máis ou menos probable, seguro na valoración de resultados de experiencias lúdicas e cotiás nas que intervén o azar.

* Colaboración activa no traballo de grupo respectando o traballo, os procesos e as estratexias das outras persoas.

 

* Valoración do uso das novas tecnoloxías nos ámbitos gráficos en que son necesarias.

 

CONTIDOS DA AREA DE COÑECEMENTO DO MEDIO

 

Bloque 1. Os seres humanos e a saúde.

 

-         Recoñecemento dos cambios físicos e persoais nas diferentes etapas da vida das persoas.

-         Identificación das partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.

-         Valoración da importancia dos sentidos na relación co medio e co resto dos seres humanos. Descrición do seu papel e formas para o seu coidado habitual.

-         Valoración dos hábitos de hixiene persoal, de descanso, de alimentación equilibrada e de exercicio físico adecuado para unha vida saudable. Actitude crítica ante prácticas e mensaxes que non favorecen o correcto desenvolvemento persoal e da saúde.

-         Recoñecemento dalgúns factores que producen as enfermidades máis habituais (carie, catarros, gripe) para favorecer a súa prevención.

-         Análise de dietas equilibradas. Clasificación dos alimentos en función dos nutrientes principais e identificación de sistemas de conservación alimentaria.

-         Recoñecemento e valoración das habilidades persoais. Identificación e descrición de emocións e sentimentos propios e alleos.

-         Planificación de forma autónoma e creativa de actividades de lecer, individuais ou colectivas.

 

Bloque 2. As plantas e os animais.

 

-         Identificación de animais e de plantas como seres vivos. Observación e comparación dos diversos xeitos en que os seres vivos realizan as funcións vitais utilizando instrumentos apropiados e medios audiovisuais e tecnolóxicos do xeito máis preciso e rigoroso posible.

-         Identificación de cambios observables que se producen nos seres vivos e na natureza ao longo do ano. Observación e rexistro sistemático do crecemento de plantas e animais do medio próximo. Elaboración de esquemas que permitan resumir as informacións observadas.

-         Recoñecemento das principais características dos animais vertebrados e dalgúns invertebrados. Clasificación de animais a partir de características observables.

-         Recoñecemento das características das plantas. Clasificación das plantas (herbas, arbustos e árbores) a partir de características observables.

-         Valoración da importancia da existencia de animais e plantas para as persoas: a agricultura e a gandaría. Estudo dalgúns animais e cultivos típicos de Galicia.

-         Interese pola observación e o estudo dos seres vivos, planificando a observación ou preparando visitas-saída, empregando os instrumentos e materiais necesarios (lupa, termómetro, diario de campo etc.) e rexistrando o observado, contrastando os rexistros propios cos doutras persoas, comparando as observacións con informacións doutras fontes, elaborando unha documentación final que recolla todo o proceso (informe, cartafol, presentación, gráficas...).

-         Interese e compromiso pola conservación e coidado de plantas e animais dos arredores.

 

Bloque 3. A vida en sociedade.

 

-         Identificación e representación gráfica da organización da comunidade educativa. Recoñecemento e uso das canles de participación democrática activa na vida e nas actividades do centro.

-         Identificación das relacións interpersoais presentes nun grupo ou nunha comunidade (veciñanza, compañeirismo), e valoración da cooperación e do diálogo como forma de construír plans comúns e de evitar e resolver conflitos. Recoñecemento dos dereitos e deberes das persoas. Responsabilidade ante a elaboración e o cumprimento das normas de convivencia.

-         Identificación das manifestacións culturais do medio, recoñecendo a súa evolución no tempo e valorándoas como elementos de cohesión social. Recoñecemento de costumes, de tradicións e de trazos diferenciais do patrimonio galego.

-         Participación activa en festas, xogos e costumes populares propios da comarca e de Galicia.

-         Planificación de xeito autónomo e creativo de actividades de lecer individuais e colectivas.

-         Observación, identificación e descrición dalgunhas características demográficas e económicas do medio propio. Uso de datos e de representacións gráficas para a súa análise e comparación sobre medios rurais e urbanos.

-         Identificación das formas da actividade económica do medio próximo (traballo, profesións, produción): observación e análise de produtos de consumo habitual nos arredores e dos lugares de comercialización dos mesmos (mercados, lonxas, feiras, supermercados, tendas), seguimento do proceso de elaboración dun produto e das profesións relacionadas. Realización conxunta de murais, cartafoles etc. coa información obtida, planificando previamente, contrastando a información, usando diferentes linguaxes e valorando a correcta presentación final do traballo.

-         Desenvolvemento de actitudes de consumo responsable e comercio xusto. Análise crítica dalgunhas mensaxes publicitarias, relacionando a súa incidencia na toma de decisións.

-         Identificación e representación gráfica da estrutura básica de organización do concello propio. Valoración da participación cidadá e da contribución ao funcionamento das institucións.

-         Recoñecemento dos referentes colectivos que manteñen a identidade da propia aldea, parroquia, vila, barrio, cidade, área metropolitana (símbolos, lugares de interese, monumentos emblemáticos, personaxes, institucións, tradicións, nomes das rúas e prazas...).

-         Localización da propia aldea, concello, cidade e doutros agrupamentos de poboación nun mapa da provincia, de Galicia, de España etc., ou noutros medios (SIGPAC, Google Earth...).

-         Identificación dos servizos públicos do concello, vila, localidade... para satisfacer as necesidades humanas. Descrición da súa orixe e transformación. Responsabilidade individual e social na conservación e uso adecuado destes servizos. Recoñecemento e prevención de situacións que poden comportar risco, especialmente as relativas á mobilidade viaria.

-         Utilización de diversas fontes de información (libros, documentos, información oral, medios de comunicación, TIC) para a obtención, selección e contraste de información sobre aspectos da realidade local, municipal e galega e comunicación da mesma a través de diferentes soportes (visuais, auditivos, dixitais, escritos...) elaborados individual ou colectivamente, valorando o seu contido e a súa presentación.

-         Identificación da organización territorial de Galicia e do Estado español e localización das diferentes comunidades autónomas de España. Aproximación ao coñecemento dalgunhas institucións de goberno galegas.

 

Bloque 4. O medio físico: espazo e materiais.

 

-         Utilización de técnicas de orientación no espazo relacionadas cos puntos cardinais.

-         Recoñecemento e uso de aspectos básicos (cromatografía, signos convencionais, lendas) que permitan ao alumnado, de xeito elemental, situarse no lugar onde vive a través da lectura de mapas e planos.

-         Iniciación ao uso de planos e mapas da aldea, vila, localidade, cidade.

-         Identificación dalgúns elementos xeográficos e do relevo do medio (montañas, ríos, rías, lagoas). Confección de maquetas logo da observación directa da paisaxe.

-         Observación e descrición de diferentes tipos de paisaxe. Análise dos cambios que a influencia humana provoca na paisaxe a curto e a longo prazo.

-         Valoración da necesidade da conservación do patrimonio (paisaxe, bosques, montañas, praias, monumentos) e das actuacións responsables de defensa e respecto cara ao medio.

-         Elaboración de carpeta ou carpetas en ordenador sobre lugares, paisaxes, o relevo galego, vilas, Galicia ou lugares do mundo, usando fotos, recortes de xornal, deseños, esquemas, artigos e textos expositivos.

-         Observación dalgunhas variables meteorolóxicas: temperatura, vento, precipitacións. Uso de aparatos meteorolóxicos (termómetro, catavento...) e iniciación ao rexistro e representación gráfica de temperatura e datos climáticos elementais. Comparación cos datos meteorolóxicos achegados polos medios de comunicación.

-         Realización guiada de experiencias sinxelas para estudar as propiedades dalgúns aspectos do medio físico próximo, partindo dunha pregunta ou problema de interese para o alumnado (formulando respostas intuitivas ou hipóteses, comparándoas co resto da clase, planificando conxuntamente o proceso de comprobación, previndo os medios e os instrumentos necesarios, seleccionando os datos útiles, explorando solucións alternativas, sacando conclusións, comunicando os resultados e reflexionando sobre o proceso desenvolvido).

-         Recoñecemento dos movementos da Terra e da Lúa e as súas consecuencias (as estacións). Manexo de programas de simulación no ordenador que modelicen o sistema Sol-Terra-Lúa.

-         Comparación, clasificación e ordenación de diferentes obxectos e materiais a partir de propiedades físicas observables (estado, volume, cor, textura, cheiro, atracción magnética), orixe dos obxectos e posibilidades de uso.

-         Experimentación cos cambios de estado da auga. Recoñecemento e representación gráfica do ciclo da auga na terra. Valoración dos usos sociais da auga (vivenda, regadío, industria...) e da importancia da súa utilización responsable.

-         Identificación das características e propiedades do aire e das actuacións necesarias para evitar a súa contaminación.

-         Valoración da importancia da boa calidade da auga e do aire para a nosa saúde e o mantemento da vida.

-         Comprobación experimental para a análise e identificación de forzas coñecidas que fan que os obxectos se movan ou se deformen.

-         Observación da intervención da enerxía nos cambios da vida cotiá. Identificación do sol e da auga como fontes de enerxía. Valoración do uso responsable da enerxía no noso planeta. Recoñecemento da responsabilidade individual e colectiva no aforro enerxético.

-         Busca de información en fontes variadas sobre algúns problemas urbanísticos e ambientais máis comúns en Galicia e elaboración de murais coa información recollida, previa análise, contraste e valoración da mesma.

-         Reflexión sobre as posibles solucións e actuacións coherentes para a conservación do medio natural ante a produción de residuos e a contaminación.

-         Identificación e preparación de mesturas de diferentes substancias relacionadas coa vida doméstica e do medio (con zume, leite...).

-         Realización de experiencias sinxelas sobre o comportamento dos corpos (lupas, espellos, auga, prismas) ante a luz.

-         Planificación e realización de experiencias sinxelas para estudar as propiedades de materiais de uso común e o seu comportamento ante a calor facendo predicións explicativas sobre resultados. Utilización de técnicas elementais de busca e rexistro sistemático de datos utilizando diversas estratexias de comunicación das conclusións.

 

Bloque 5. O paso do tempo.

 

-         Utilización de unidades de medida temporal (década, século) e aplicación das nocións de sucesión, ordenación e simultaneidade na análise da evolución dalgún aspecto da vida cotiá ao longo do tempo (vivenda, transporte, vestiario, alimentación, xogos infantís, festas), diferenciando o tempo biolóxico do tempo histórico.

-         Utilización de documentos escritos, dixitais e audiovisuais para obter información histórica, coa posterior selección e contraste da información, uso de técnicas de rexistro e representación e elaboración de distintos traballos sobre o pasado familiar e

      próximo, comunicando a información con diversas estratexias.

-         Recoñecemento e valoración do significado dalgunhas pegadas antigas no medio (tradicións, edificios, obxectos, manifestacións artísticas). Identificación dalgunhas evidencias do pasado no medio propio (na aldea, na localidade, na vila, na

      cidade...): os vestixios e os museos.

-         Aproximación a sociedades dalgunhas épocas históricas a partir do coñecemento de aspectos da vida cotiá.

-         Identificación do papel de homes e mulleres na historia. Realización de traballos sobre a historia de mulleres e homes (personaxes significativos da localidade, de Galicia...) empregando fontes variadas, comparando datos e elaborando un esquema, un texto expositivo... coa información atopada e seleccionada.

-         Realización de cronogramas para a clasificación de imaxes referentes a feitos relevantes da historia da localidade e de Galicia en diferentes épocas históricas. Elaboración de álbums ou preparación conxunta de exposicións.

-         Utilización da información oral, da prensa e de internet para investigar feitos importantes ocorridos no medio próximo nas últimas décadas ou no último século, uso de eixes cronolóxicos para representalos e elaboración de portafolios, carpetas dixitais... Valoración do intercambio interxeracional de experiencias.

-         Sensibilidade cara á conservación dos restos artístico-culturais presentes no propio medio.

 

 

Bloque 6. Máquinas, aparatos e tecnoloxías.

 

-         Realización de gráficos que relacionen oficios e profesións (modista-modisto, cociñeira-cociñeiro, albanel etc.) cos materiais, ferramentas e máquinas (máquina de coser, tesoiras, forno, paleta...) que utilizan.

-         Identificación da enerxía que fai funcionar as máquinas de uso cotián e doméstico e algúns operadores mecánicos (eixe, roda, polea, plano inclinado, engrenaxe, freo, panca, manivela etc.).

-         Manipulación e observación do funcionamento de obxectos, aparatos e máquinas sinxelas (bicicleta, xoguetes móbiles, tesoiras, rodas, manivelas, espremedor, batedor, reloxo, pinzas, culleres de xeado, inxeccións, triturador, alicate).

-         Planificación e realización dalgún obxecto ou máquina de construción sinxela incluíndo operadores mecánicos.

-         Valoración da influencia da tecnoloxía nas condicións de vida e no traballo.

-         Relevancia dos inventos de mulleres e homes e valoración da súa contribución ao avance das condicións de vida. Realización de traballos sobre inventoras e inventores utilizando fontes variadas de información.

-         Apreciación da importancia das habilidades manuais implicadas no manexo de ferramentas, aparatos e máquinas de uso doméstico e non doméstico, superando estereotipos sexistas.

CONTIDOS DA ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Bloque 1. Escoita.

- Discriminación auditiva, denominación e representación gráfica das calidades dos sons.

- Audición activa dunha selección de pezas instrumentais e vocais de distintos estilos e culturas e recoñecemento dalgúns trazos característicos.

- Recoñecemento visual e auditivo e clasificación por familias dalgúns instrumentos da orquestra, da música popular e da doutras culturas, e identificación de distintas agrupacións vocais.

- Identificación de frases musicais e de partes que se repiten, contrastan e retornan.

- Identificación visual

- Comentario e valoración de concertos e representacións musicais.

- Interese polo descubrimento de obras musicais de distintas características.

- Interese por coñecer o traballo de artistas e de persoas que traballan na composición e na interpretación de música e de danza tradicional galega.

- Actitude atenta e silenciosa e respecto polas normas de comportamento durante a audición de música.

 

Bloque 2. Interpretación e creación musical.

 

- Exploración das posibilidades sonoras e expresivas da voz, do corpo, dos obxectos e dos instrumentos.

- Hábitos de coidado da voz, do corpo e dos instrumentos.

- Coordinación e sincronización individual e colectiva na interpretación vocal ou instrumental.

- Memorización e interpretación de danzas e secuencias de movementos fixados e inventados.

- Lectura e interpretación de cancións e pezas instrumentais sinxelas con distintos tipos de grafías.

- Interese e responsabilidade nas actividades de interpretación e creación.

- Iniciación á interpretación de danzas e de cancións tradicionais galegas e das zonas de orixe de compañeiras e compañeiros.

- Identificación dalgunhas cantigas galegas que acompañaban os momentos de traballo e celebracións (cantigas de arada, de seitura, de esfolla, cantos de reis...) e relación destas coa finalidade para a cal foron concibidas

- Improvisación de esquemas rítmicos e melódicos sobre bases musicais dadas.

- Creación de acompañamentos para cancións e pezas instrumentais.

- Creación de pezas musicais a partir da combinación de elementos dados.

- Invención de coreografías para cancións e pezas musicais breves.

 

 

Bloque 3. Observación plástica.

 

- Clasificación de texturas e tonalidades e apreciación de formas naturais e artificiais exploradas desde diferentes ángulos e posicións.

- Establecemento dunha orde ou pauta para seguir o procedemento de observación e a súa comunicación oral ou escrita.

- Observación dos materiais empregados nas obras plásticas.

- Respecto e coidado do contorno, das obras que constitúen o patrimonio cultural, das producións propias e das dos demais.

- Interese por buscar información sobre producións artísticas e por comentalas.

- Interpretación e valoración da información que proporcionan as imaxes no contexto social e comunicación das apreciacións obtidas.

- Observación de elementos do contorno para o estudo das escalas e proporcións entre os obxectos.

- Valoración e identificación dalgunhas producións artísticas que forman parte do patrimonio cultural galego (xoguetes, disfraces, olaría, cestaría, encaixes, bordados, petróglifos, xoiaría, alfombras florais, maios, máscaras de Entroido, edificacións...).

- Indagación sobre diferentes maneiras de representar o espazo.

- Discriminación auditiva, denominación e representación gráfica das calidades dos sons.

- Audición activa dunha selección de pezas instrumentais e vocais de distintos estilos e culturas e recoñecemento dalgúns trazos característicos.

- Recoñecemento visual e auditivo e clasificación por familias dalgúns instrumentos da orquestra, da música popular e da doutras culturas, e identificación de distintas agrupacións vocais.

- Identificación de frases musicais e de partes que se repiten, contrastan e retornan.

- Identificación visual

- Comentario e valoración de concertos e representacións musicais.

- Interese polo descubrimento de obras musicais de distintas características.

- Interese por coñecer o traballo de artistas e de persoas que traballan na composición e na interpretación de música e de danza tradicional galega.

- Actitude atenta e silenciosa e respecto polas normas de comportamento durante a audición de música.

 

 

Bloque 4. Expresión e creación plástica.

 

- Experimentación con liñas diversas e formas en diferentes posicións.

- Busca das posibilidades da cor en contrastes, variacións e combinacións, apreciando os resultados sobre diferentes soportes.

- Indagación sobre as calidades dos materiais, tratamentos non-convencionais dos mesmos e uso que se lles pode facer das texturas na representación.

- Elaboración de imaxes usando utilizando técnicas e recursos diversos.

- Construción de móbiles, de estruturas, de maquetas e de xoguetes populares galegos.

- Construción de estruturas sinxelas ou creacións plásticas para a representación teatral.

- Realización de fotografías: enfoque e planos.

- Utilización de recursos dixitais para a elaboración de producións artísticas.

- Aplicación, en producións propias, de aspectos observados en obras artísticas galegas e de artistas de renome.

- Valoración do coñecemento de diferentes códigos artísticos como medios de expresión de sentimentos e ideas.

- Recreación de obras de arte significativas da cultura galega e doutras culturas, reflexionando sobre o proceso seguido pola persoa que o realizou.

- Interese por axustar o proceso de creación, individual ou en grupo, ás intencións previstas, seleccionando apropiadamente os materiais segundo as súas posibilidades plásticas, usando responsablemente instrumentos, materiais e espazos, asumindo as tarefas e respectando as normas que, no seu caso, o grupo estableza.

 

CONTIDOS DA ÁREA DE RELIXIÓN CATÓLICA

 

-  Acontecementos da vida humana de sentido relixioso.

-  Os acontecementos do pobo de Israel ata o nacemento de Xesús. Antigo Testamento (Biblia).

-  O Novo Testamento e os seus principais libros.

-  Crenzas doutras relixións.

-  Manifestacións cristiás e artísticas nas que se expresa a fe cara á Virxe María.

-  O Nadal. A mensaxe cristiá da celebración do Nadal.

-  A vida e a predicación de Xesús. Os seus milagres.

-  A primeira Igrexa. Novo Testamento (Biblia).

-  Significado dalgúns nomes de Xesús: Señor, Profeta, Salvador, Fillo de Deus, Redentor, Cristo, Fillo do Home, Mesías.

-  A Encarnación de Xesús.

-  A Semana Santa. A Pascua cristiá.

-  Xesús e o Espírito Santo.

-  Significado descritivo de Igrexa. O corpo de Cristo.

-  Os Dez mandamentos.

-  O mandamento do amor.

-  A fe cristiá.

-  Oracións cristiás.

-  Ensinanzas da Biblia.

-  O pecado orixinal.

-  Os membros da Igrexa.

-  A revelación de Deus por Xesucristo. Relatos fundamentais do Antigo Testamento.

-  O Nadal. A mensaxe cristiá da celebración do Nadal.

-  Obxectos, xestos e símbolos da liturxia cristiá. Obxectos e accións da vida cotiá similares aos dos signos litúrxicos.

-  O Bautismo, a Eucaristía, a Confirmación e a Penitencia.

-  A Semana Santa. A Pascua cristiá.

-  Xesús como verdadeiro Home e Fillo de Deus. Relatos do Novo Testamento.

-  Testemuños do encontro co Fillo de Deus. Relatos do Novo Testamento.

-  Xesucristo como principio e fin da Creación. Relación coa natureza.

-  Xesús como modelo de vida cristiá en narracións do Novo Testamento.

-  Modelos e normas fundamentais da moral cristiá. O amor como principio regulador destas normas. Relatos do Novo Testamento. O compromiso cristián.

-  Relixións monoteístas.

-  A arte e a relixión.

-  Recollida de expresións e frases de carácter relixioso que están ao alcance dos alumnos e alumnas.

-  Comparación do valor da historia e dos recordos dunha familia co valor da Biblia como historia do amor de Deus.

-  Localización, lectura e comentario de textos bíblicos fundamentais.

-  Reconstrución da vida de Xesús situando cronoloxicamente os acontecementos principais.

-  Escoita e realización de debuxos de relatos do Novo Testamento.

-  Comentario sobre o significado de termos ou conceptos referidos á Virxe María e Xesucristo.

-  Observación de expresións artísticas con significado relixioso.

-  Localizar acontecementos festivos de carácter mariano.

-  Lectura e comentario de textos sobre a mensaxe da Igrexa.

-  Expresión de oracións cristiás.

-  Realización de debuxos sobre comportamentos relacionados cos Dez mandamentos.

-  Comparación de modelos de conduta do Novo Testamento con persoas do seu contorno.

-  Reconstrución de pasaxes bíblicos mediante recursos de expresión plástica ou dramática.

-  Redacción de textos sobre o correcto e incorrecto uso da natureza por parte do ser humano.

-  Exploración de datos sobre a Igrexa do contorno do alumnado.

-  Recompilación de datos sobre a imaxe da Igrexa nos medios de comunicación.

-  Identificación do vocabulario específico referido aos membros da Igrexa e á unión destes entre si.

-  Lectura de pasaxes bíblicos e do Novo Testamento en relación cos sacramentos.

-  Descrición de accións representativas da Eucaristía.

-  Descrición de accións de celebración sacramental do Perdón.

-  Redacción de escritos sobre comportamentos morais vixentes no contorno.

-  Elaboración dun esquema conceptual que teña como punto de partida o sentimento do amor.

-  Manifestar alegría ante os acontecementos relixiosos da vida.

-  Valorar a Biblia.

-  Mostrar curiosidade por coñecer os principais pasaxes do Novo Testamento.

-  Valorar os feitos e as palabras máis importantes da figura de Xesús.

-  Interese por coñecer o significado descritivo dalgúns nomes de Xesús.

-  Valorar o significado da celebración da Pascua cristiá.

-  Apreciar a actuación do Espírito de Xesucristo na Igrexa.

-  Manifestar admiración cara aos heroes bíblicos e os personaxes do Novo Testamento.

-  Valorar a importancia da pertenza á comunidade da Igrexa.

-  Mostrar unha actitude de interese, curiosidade e respecto cara ás expresións e imaxes que fan referencia a Xesucristo e á Virxe María.

-  Manifestar interese por descubrir as revelacións de Xesús sobre Deus.

-  Respecto pola natureza e por toda a creación.

-  Demostrar interese por descubrir as características principais da Igrexa local e da Igrexa como institución.

-  Manifestar interese pola orixe do Bautismo.

-  Valorar o significado da Eucaristía.

-  Valorar as normas que, desde a perspectiva da fe cristiá, regulan a conduta na nosa relación cos demais.

-  Ter constancia de que o amor é o modelo e principio da moral cristiá.

-  Valorar a arte e a cultura como manifestacións de vivencias humanas e cristiás.

 

CONTIDOS E TEMPORALIZACIÓN DA ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

 

-  O esquema corporal global e segmentario.

-  Condutas motrices de base: control postural, equilibrio, ton, respiración e relaxación.

-  Condutas neuromotrices: lateralidade respecto aos outros e aos obxectos, sincinesias e paratonías.

-  Condutas perceptomotrices: relacións espaciais: sentido e dirección, orientación e simetrías cos demais; e relacións temporais: velocidade, ritmo, duración e secuencia.

-  Independencia dos membros superiores e inferiores do eixe corporal.

-  Posibilidades corporais: expresivas e motoras.

-  O coidado do corpo: materiais e procedementos de hixiene corporal e rutinas relacionadas coa actividade física (quecemento e relaxación).

-  Medidas básicas de seguridade e de prevención de accidentes na práctica da actividade física.

-  Habilidades básicas.

-  Posibilidades e formas de movementos: carreira, salto, xiro, etc.

-  Calidade de movementos.

-  Competencia motora global e segmentaria: aptitude (coordinacións) e habilidade (uso de habilidades básicas).

-  O corpo como medio de comunicación (comprensión e expresión): xesto, movemento, mímica, danza e dramatización.

-  Ritmo e movemento (compás binario e de catro tempos).

-  Calidade do movemento. Tempo, peso e espazo.

-  Relación da linguaxe corporal con outras linguaxes.

-  Xogo libre e xogo organizado.

-  Factores do xogo: espazo, movemento e regras.

-  Xogos que se practican no colexio.

-  Xogos populares tradicionais.

-  Percepción, identificación, representación e control do propio corpo, e afirmación da lateralidade.

-  Coordinación dinámica xeral en desprazamentos, xiros e saltos.

-  Afirmación do control postural.

-  Experimentación do equilibrio estático e dinámico.

-  Desenvolvemento progresivo da relaxación global e control da respiración.

-  Relaxación segmentaria consciente e respiración en repouso e en movemento.

-  Exploración das capacidades perceptomotrices.

-  Orientación espacial respecto a si mesmo, aos demais e aos obxectos.

-  Apreciación de distancias respecto aos outros e aos obxectos en movemento.

-  Percepción de traxectorias e velocidades.

-  Adecuación dos movementos corporais a estruturas rítmicas cada vez máis complexas.

-  Prácticas de quecemento e estirada antes de iniciar a actividade física.

-  Adecuación da actividade física ás posibilidades persoais.

-  Práctica das normas básicas de hixiene e saúde corporal.

-  Adopción das medidas básicas de seguridade na práctica de actividades físicas.

- Utilización das condutas motrices de base, neuromotrices e perceptomotrices, con seguridade e autonomía en diferentes situacións.

-  Experimentación das habilidades básicas en situacións máis complexas nas que interveñan novos elementos.

-  Coordinación progresiva de movementos en diferentes situacións.

-  Planificación da conduta motriz previa á acción.

-  Destreza na manipulación de obxectos deportivos.

-  Realización de xogos e actividades recreativas populares do seu contorno, nos que se utilicen fundamentalmente os desprazamentos e habilidades motrices.

-  Práctica de xogos libres e organizados, individuais e colectivos, respectando as regras.

-  Utilización de estratexias de cooperación nos xogos colectivos.

-  Iniciación aos xogos de exploración e aventura no contorno escolar.

-  Utilización correcta dos espazos e materiais para a actividade física.

-  Experimentación e exploración das posibilidades e recursos comunicativos do corpo a partir do movemento.

-  Utilización do xesto e o movemento para a comunicación e a representación.

-  Coordinación do movemento con diferentes ritmos, explorando as súas calidades.

-  Expresión libre a través do baile.

-  Elaboración e expresión de mensaxes a través de xestos e movementos.

-  Respecto e coidado do seu propio corpo.

-  Valoración e aceptación das posibilidades do propio corpo e do dos demais.

-  Desenvolvemento da confianza en si mesmo e da autonomía persoal.

-  Adquisición progresiva de hábitos de hixiene e seguridade na actividade física.

-  Reforzo da autoestima.

-  Conciencia e valoración da actividade motriz ben executada.

-  Interese por mellorar a competencia e destreza motriz.

-  Participación cooperativa en diversas actividades motrices.

-  Interese por mellorar e aumentar as calidades expresivas e comunicativas do corpo.

-  Participación e cooperación nos xogos, aceptando as normas e respectando aos demais.

-  Valoración dos xogos e da participación e cooperación de todos.

-  Aceptación do papel que lle corresponda como xogador e da necesidade de ir cambiando de rol cos demais.

TEMPORALIZACIÓN DIARIA DO CURSO 2010-2011.

 

Na cuadricula anotaremos a concrección diaria das sesións de traballo.Isto daranos unha idea do traballo real ó finaliza-lo trimestre.

                                    Temporalización do 1º trimestre                 

 

2º ciclo (1º e 2º nivel)

 

Presentación.2 sesións

Unidade didáctica 1 :Xogo con pelotas pequenas.5 sesións.

Unidade didáctica 2 :Móvome entre os aros.5 sesións.

Unidade didáctica 3 :Melloramos a flexibilidade.5 sesións.

Unidade didáctica 4 :Xogos tradicionais.3 sesións.

Circuitos dinámicos.2 sesións.

Xogo libre.4 sesións

 

 

3A

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3C

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4A

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4C

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Observacións:

 

 

 

 

 

 

 

 

Temporalización do 2º trimestre

 

2º ciclo.

 

Unidade didáctica : Xogo con picas.4 sesións.

Unidade didáctica :danzas do mundo -flexibilidade.4 sesións.

Unidade didáctica:Pelotas.5 sesións.

Circuitos dinámicos.2 sesións.

Xogo libre:4 sesións

 

3A

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3C

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4A

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4C

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Observacións:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Temporalización do 3º trimestre

 

2º ciclo.

 

Unidade didáctica :Xogo con discos voadores.5 sesións.

Unidade didáctica:Xogos con paracaídas.2 sesións.

Unidade didáctica:Xogos tradicionais.3 sesións.

Unidade didáctica:Xogos de orientación.2 sesións.

Circuitos dinámicos.2 sesións.

Xogo libre.3 sesións.

 

3A

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3C

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4A

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4C

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Observacións:

 

 

 

 

 

 

CONTIDOS DA ÁREA DE LINGUA INGLESA

-  Comprensión de mensaxes verbais e non verbais.

-  Representación das ordes e as expresións obxecto de estudo.

-  Memorización de fórmulas de cortesía social, poñendo énfase no ritmo e a entoación.

-  Recoñecemento de xestos e expresións para acompañar a comunicación propios do país onde se fala a lingua estranxeira.

-  Elaboración de palabras colocando as letras en orde.

-  Utilización de diferentes estratexias para contar.

-  Lectura e escritura de números.

-  Comprensión de diálogos sinxelos correspondentes ás situacións obxecto de estudo.

-  Recollida de información oral sobre aspectos persoais, familiares, escolares, etc.

-  Elaboración de tarxetas cos seus datos de identificación persoal e os seus datos escolares: nome, clase, profesor ou profesora, colexio e curso.

-  Organización e participación en celebracións socioculturais –aniversarios, Nadal, etc.– aprendendo as cancións e manifestacións propias.

-  Transformación da información escrita en gráfica –debuxo–, ou viceversa.

-  Confección do plano dunha casa indicando os nomes das súas distintas dependencias.

-  Utilización correcta dos artigos, pronomes, adxectivos, verbos e preposicións tratadas.

-  Comprensión e execución de ordes escritas e formulación oral da orde realizada.

-  Aplicación das fórmulas interrogativa e negativa.

-  Debuxo do corpo humano, animais, froitas, xoguetes, etc., indicando o seu nome e as súas cores predominantes.

-  Construción oral e escrita de frases cos días da semana e os meses e estacións do ano.

-  Identificación de obxectos descritos oralmente.

-  Resolución de sopas de letras sobre o vocabulario que se traballou de forma oral.

-  Lectura comprensiva de textos breves e sinxelos, para identificar os sons e grafías correspondentes ao vocabulario estudado.

-  Resolución de encrucillados sinxelos.

-  Elaboración de frases ordenando palabras correspondentes ás categorías gramaticais estudadas dentro da oración simple.

-  Elección das palabras adecuadas para designar o obxecto correspondente.

-  Participación en xogos utilizando o léxico correspondente aos mesmos.

-  Lectura, recitación e memorización de rimas e cancións na lingua estranxeira.

-  Colaboración no mantemento da orde e do medio ambiente escolar.

-  Interese e curiosidade por aprender a lingua estranxeira.

-  Recoñecemento da importancia de tratar os demais con respecto.

-  Confianza nas propias capacidades e gusto pola participación nas actividades de clase.

-  Valoración da participación cooperativa nas diferentes tarefas de clase.

-  Desenvolvemento da capacidade creativa e interpretativa para a comunicación de mensaxes non verbais.

-  Curiosidade e interese por coñecer e expresar datos persoais en clase.

-  Aprecio pola correcta interpretación e produción de textos orais e escritos sinxelos.

-  Interese por utilizar de forma imaxinativa e creativa mensaxes orais previamente memorizados.

-  Gusto pola elaboración persoal de materiais propios para a aprendizaxe.

-  Valoración do traballo en equipo como medio de aprendizaxe.

-  Recoñecemento da igualdade entre ambos sexos á hora de realizar actividades en clase e tarefas domésticas.

-  Curiosidade e respecto ante manifestacións culturais distintas das propias.

-  Valoración do uso moderado dos obxectos de consumo.

 

6- METODOLOXÍA

 

            Para levar  a cabo a programación ao longo do curso escolar apoiarémonos  nos seguintes principios metodolóxicos :

 

  1. Respeto ás leis de maduración.
  2. Comunicación e apertura.
  3. Individualización e autonomía.
  4. Socialización.
  5. Secuenciación.
  6. Flexibilidade.
  7. Aprendizaxe construtivo e significativo.
  8. Formación de hábitos e atitudes.
  9. Tratamento dos contidos en espiral.
  10. Coordinación familia- escola.

 

Estes principios deben facilitar:

 

- A conexión co nivel de desenvolvemento real e potencial dos alumnos/-as, tendo en conta as súas diferencias individuais e partindo  do máis preto  para chegar ao  máis lonxano.

- A comunicación a través do diálogo e da apertura a outras formas de pensar e obrar.

- Un clima afectivo rico en vivencias baseadas no respecto mutuo, procurando a motivación necesaria para espertar, manter e incrementar o interese dos alumnos e das alumnas.

- O progreso do xeneral ao particular, de forma cíclica, en función do pensamento globalizado do alumno e da alumna.

- A adaptación da acción educativa ás diferenzas persoais (capacidade, intereses e ritmo de aprendizaxe), como base del desenvolvemento integral e autónomo.

- O espírito de grupo co exercicio da participación e da cooperación, practicando a aprendizaxe en grupo, a interacción e interpelación de iguais.

- A organización dos contidos, de maneira que exista harmonía entre as metas e os medios que se utilizan para conseguilas.

-A actividade constante do alumno/-a,  como ferramenta básica da aprendizaxe.

- A flexibilidade axeitada as diversas situacións de aprendizaxe.

- A aprendizaxe constructiva - significativa, partindo da consolidación do saber anterior e o reforzo de aquel que permita enlazar os coñecementos previos cos novos que se deben adquirir.

- A creatividade do alumnado e docentes, como forma diversificada e enriquecedora de comunicación.

- O tránsito desde a formación de conceptos e a aplicación de procedementos á construción de hábitos e a definición de atitudes, que culmine a consolidación de valores e o respeto ás normas.

- O contacto escola -familia como marco afectivo e efectivo de relacións e, por extensión, de toda a comunidade educativa.

-  Dotar os contidos dun enfoque integrador promovendo a globalización.

- Centrarse na funcionalidade, orientando as aprendizaxes  cara á súa aplicación en contextos diferentes e diversificados e conseguindo que as nenas e os nenos desenvolvan diversos xeitos de actuación e adquiran a capacidade de enfrontarse a situacións novas.

- Procurar que o alumnado aprenda a aprender (participe na planificación e na toma de decisións sobre o traballo, controlando os procesos, usando conscientemente estratexias de aprendizaxe e sendo progresivamente máis autónomo).

- Favorecer o traballo cooperativo e a práctica vivenciada da participación, compromiso democrático  e resolución pacífica de conflitos.

-  A metodoloxía proposta, que será global, será activa, entendendo por tal tanto a actividade mental coma física que potencie a construción de aprendizaxes significativas.

 

         O ensino da Lingua galega e da lingua Castelá debe partir do respecto pola bagaxe lingüística do neno/-a, e mostrarlle aqueles patróns expresivos que amplían as súas posibilidades de comunicación na sociedade.

         Para desenvolver a comprensión, deben poñerse en xogo estratexias que permitan interpretar, valorar e relacionar a información que se transmite na vida cotiá e propiciar actitudes activas que favorezan o posterior desenvolvemento da capacidade crítica.

 

         Educar a expresión supón axudar aos alumnos a saber transmitir as súas ideas, vivencias, sentimentos e opinións con claridade, creatividade e precisión, así como cun estilo propio.Débese cultivar o aprezo ás diferentes linguas e culturas, e o respecto á realidade plurilingüe e multicultural de España.

 

         A área de Matemáticas relaciona os distintos tipos de contidos pertencentes aos distintos bloques (números e operacións; formas xeométricas con formas...). O achegamento aos contidos matemáticos apóiase en actividades prácticas e na manipulación de obxectos concretos e familiares.

 

         A área de Coñecemento do Medio, a partir do recoñecemento da propia identidade e do contorno máis próximo, inicia os alumnos no coñecemento, na análise e na valoración do contorno físico, social e cultural.

         A ensinanza da área toma como base os coñecementos previos que os alumnos adquiriron en contacto co contorno. A observación sistemática en situacións diferentes e a experimentación adquiren un papel relevante na interpretación de feitos e na explicación de fenómenos ou relacións.

A área de Educación Física  Metodoloxía da educación física.

 

 

 

                        A metoloxía será...activa,participativa,flexible...

 

   Empregaremos os seguintes métodos:

 

    Mando directo:

 

       *O alumno ten pouca participación activa.

       *O Papel d@ alumn@ é responder mediante a execución.

       *O profesor avalía a actuación d@s alumn@s a nivel individual e grupal.

       * O método do que falamos debe incirdir máis canto máis alto sexa o curso.

 

    Asignación de tarefas:

    *@ alumn@ deisaxelle liberdade para iniciar unha actividade e para rematala.

       *Podemos adoptar tres modalidades:

                 - Unha tarefa soa e única para toda a clase.

                 - Unhas "tarefas secuenciais" para toda a clase.

                 - Unha tarefa unitaria,pero con diversos graos de dificultade .

        *Forma moi óptima de individualizar a ensinanza.

 

Ensinanza recíproca:

 

        *@ alumn@ asume funcións de avaliación dentro do proceso de ensinanza-

         aprendizaxe.

        *Necesidade de ter unha idea clara do que hai que realizar.

        *Colaboración d@ alumn@.

 

Descubremento guiado(aprender a aprender)

 

        *Anima @ alumn@ a buscar respostas.

        *Investígase e descúbrese

        *Disonancia cognitiva---Búsqueda ---Descubremento

 

 

 Resolución de problemas

 

 

 

 

        *Similitude co anterior método,o profesor vai guiando @ alumn@ paso a paso,aquí

          @ alumn@ ten que atopa-la resposta por sí sólo.

        *Un só problema pode ter varias solucións, entra en xogo a capacidade para

          atopar alternativas e escoller a que considere máis axeitada.

        *Se @ alumn@ considerao oportuno , pode solicita-la  axuda do mestre.

 

            Nota:todos os métodos anteriormente expostos poden coexistir en maior ou

                     menor medida.

                     Polo xeral nunha sesión un método prevalece por riba dos outros.

 

 

 

 

 

 

 

 

            Os traballos en grupo permiten desenvolver a capacidade de discusión, a comunicación, o intercambio de ideas, o respecto e a comprensión das opinións alleas, e a reflexión sobre as ideas propias. Os proxectos individuais permítenlle ao alumno desenvolver capacidades como a planificación do traballo, a selección dun tema de interese, dos contidos e dos materiais que se van utilizar, a redacción e a presentación do proxecto, a súa corrección coa axuda do mestre/a e, finalmente, a exposición oral ante os compañeiros.

 

6.1- Actividades

 

            En canto á selección de actividades que desenvolveremos ao longo do curso teremos en conta a graduación respecto á dificultade formulada, o grado de abstracción que necesitan, a súa adaptación aos obxectivos previstos, a atención á diversidade, a posibilidade de relacionar aprendizaxes, que motiven a  participación e esperten interese, ademais de que  atendan ao ritmo dos alumnado: fichas fotocopiables ,fichas de reforzo/ampliación,xogos, dramatizacións....

 

            Así buscaranse actividades de diferentes tipos: de motivación, de avaliación, actividades de reforzo e ampliación... para deste xeito dar resposta á diversidade de alumnado que temos nas aulas.

 

            Así mesmo, ao longo do curso escolar realizaranse unha saída cada trimestre, sendo a ultima de caracter lúdico, igualmente realizaranse todas aquelas saídas que vaian xurdindo ao longo do curso que potencien o proceso de ensino-aprendizaxe.

 

            Estableceranse actividades para as celebracións anuais, tales coma: Samain, Magosto, Nadal, Entroido, Día da Paz, Letras Galegas...

 

6.2- Recursos e materiais

 

            Para o desenvolvemento e aplicación desta proposta didáctica no centro contamos con diferentes recursos, tanto humanos coma materiais.

     a) Recursos humanos: os profesores- titores de cada curso, os mestres especialistas en educación física, música, inglés, relixión/ atención educativa, audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica; así como as familias e a sociedade en xeral.

     b) Recursos materiais: o  centro conta con materiais informáticos e audiovisuais como radio-CD, televisión, ordenadores con impresora, pizarra dixital, fotocopiadora... así coma con materiais impresos coma os libros de texto, contos... e material funxible como folios, lapis, tesoiras...

 

6.3- A organización  espacial

 

            A organización do  espazo  será variable dependendo do tipo de aprendizaxes que se queira e das actividades que se seleccionen e dos recursos utilizados.

            Así todo profesor-titor conta cunha aula dotada de mesas e cadeiras adaptadas a idade e as necesidades do alumnado. Os especialistas de inglés e relixión tamén usarán a aula do grupo; mentras que o especialista en música conta cunha aula propia, ao igual que o profesor de educación física que desenvolverá as diferentes sesións no pavillón.

            O centro conta con dúas aulas de informática, e unha biblioteca a disposición do profesorado. Así como o salón de usos múltiples que tamén se poderá utilizar para proxeccións...

 

6.4- Temporalización

 

            A temporalización está distribuída seguindo as normas que dita Administración no decreto D 130 /2007 ,28 xuño que desenvolve o currículo de Primaria, así como na organización do centro e axustando o máximo posible as características dos nenos  e nenas para un bo rendemento.

 

 

7- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

A expresión “atención á diversidade” non fai referencia a un determinado tipo de alumnos/as (alumnos/as problemáticos, alumnos/as con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais, etc.), senón a tódolos alumnos/as escolarizados en cada grupo-clase do centro educativo. Isto supón que a resposta á diversidade dos alumnos/as débese garantir desde o mesmo proceso de planificación educativa. De aí que a atención á diversidade se articule en tódolos niveis (centro, grupo de alumnos/as e alumno/a concreto).

A atención á diversidade é un principio que debe inspirar o funcionamento dos sistemas educativos, é un elemento constitutivo dunha sociedade democrática como a nosa. Debe entenderse como un conxunto de medidas educativas planificadas para satisfacer as necesidades e características dos alumnos/as, favorecendo ao máximo os procesos de ensino - aprendizaxe. Por tal efecto, o noso centro educativo adopta un proxecto formativo que asume as diferenzas individuais como reflexo dos valores e crenzas dos grupos sociais en que se sustentan.

 

A educación debe garantir a igualdade de oportunidades e unha educación de calidade para todo o alumnado; por iso, pretendemos dar resposta a atención a diversidade atendendo as dificultades de aprendizaxe, ás discapacidades sensoriais, ao alumnado superdotado, aos inmigrantes, ao alumnado con intereses especiais e a calquera outra necesidade educativa diferenciada  especializada.

            Así neste segundo ciclo preténdese:

1.º Facilitar, consolidar e desenvolver a socialización do alumnado.

2.º Realizar adaptacións curriculares encamiñadas a dar resposta os distintos estilos de aprendizaxe ou dificultades transitorias do alumnado (se fose necesario).

3.º Planificar e desenvolver un programa coherente de orientación e acción titorial que facilite a resposta educativa as necesidades específicas, permanentes ou transitorias.

 

            Para poder acadar eses obxectivos levarase a cabo unha avaliación inicial do alumnado para detectar os posibles retrasos académicos e valorar as dificultades de aprendizaxe que requiren avaliación psicopedagóxica por parte da orientadora e poder así intervir. O centro conta co equipo de orientación que colaborará co titor na medida en que sexa posible.

 

Á vista de todas as posibles modalidades de intervención, faise preciso sinalar unha serie de criterios que nos guíen na determinación da modalidade de intervención máis axeitada en función das circunstancias persoais e contextuais de cada situación.

 

A realidade do noso centro lévanos a poñer en práctica unha serie de medidas curriculares e organizativas para dar resposta a diversidade dos alumnos/as escolarizados no 2º ciclo de primaria.

 

Son medidas de tipo organizativo os agrupamentos que cada profesor/a realiza cos seus alumnos/as dentro da aula; as clases de recuperación, os agrupamentos específicos establecidos como apoio ás aprendizaxes básicas do alumnado con dificultades xeneralizadas de aprendizaxe e a organización dos apoios para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

As medidas con carácter curricular son o reforzo educativo e as adaptacións curriculares que se levan a cabo con algúns estudantes. O reforzo educativo realízase dentro da aula ordinaria polo mestre/a titor/a e, noutras ocasións, pola mestra especialista en pedagoxía terapéutica dentro da medida das súas posibilidades.

 

As intervenciones específicas que son necesarias por parte dos mestres de apoio (PT e AL) son propostas e diseñadas polo departamento de orientación do que forman parte, en colaboración co titor do grupo o que pertence o alumno/a.

 

É fundamental a coordinación adecuada entre o profesorado, pois ven sendo clave para unha actuación harmónica do proceso educativo do alumnado, posto que a diversificación na educación de cada profesor/a, diversifica as metodoloxías e os contidos, de aí que sexa indispensable unir esforzos cara un ben común.

 

Ofrecer unha resposta axeitada a diversidade implica sen dúbida a mellora da calidade do ensino.

 

8. AVALIACIÓN

 

            Entendemos a avaliación como un elemento fundamental e inseparable da práctica educativa, que permite recoller, en cada momento, a información necesaria para poder realizar os xuízos de valor oportunos que faciliten a toma de decisións respecto do proceso de ensino-aprendizaxe. Por tanto, non se pode circunscribir a un só aspecto ou momento, senón que se debe estender ao longo de todo o proceso educativo de forma global e sistemática; por unha parte, indicando que obxectivos se conseguen e cales non, e, por outra, en que grao de profundidade e ónde, como, cando  e por que se producen os problemas ou erros.

 

As funcións que desempeña a avaliación son as seguintes:

 

Diagnóstico: Información sobre a marcha do desenvolvemento do currículo, os alumnos e as alumnas e os profesores e as profesoras.

Prognóstico: Avance de expectativas sobre que pode ocorrer, para previr e resolver problemas.

Adaptación: Acomodación dos diferentes métodos e recursos aos distintos ritmos de aprendizaxe dos alumnos e das alumnas, con miras á máxima personalización do proceso educativo.

Orientación: Guía, paso a paso, do camiño que se debe seguir en cada momento do desenvolvemento curricular.

Regulación: Facilitación e harmonización de elementos persoais, materiais e funcionais para garantir o grao de eficacia do desenvolvemento do currículo.

Control: Certificación da calidade e cantidade dos logros obtidos.

 

Os obxectivos que se perseguen co proceso de avaliación son:

 

-  Pescudar a necesidade, a viabilidade, a idoneidade, a oportunidade, o aproveitamento e a rendibilidade do deseño e do desenvolvemento curricular.

-  Actuar en función do alumno e da alumna, atendéndoos como persoas, tanto individual coma socialmente.

-  Proporcionar datos de todos os participantes no proceso educativo: alumnado, docentes, deseños e desenvolvementos curriculares, etc., para poder decidir o que mellor conveña.

-  Obter información cuantitativa e cualitativa sobre a asimilación do programa e, xa que logo, sobre a súa eficacia.

-  Constatar que se van adquirindo e desenvolvendo as capacidades previstas nos obxectivos curriculares.

-  Avaliar axeitadamente o aproveitamento docente-discente para poder orientalo da mellor maneira.

-  Coñecer exhaustivamente os elementos que integran o proceso educativo, en especial o alumnado, para poder elaborar diagnósticos o máis axustados posible.

-  Informar á comunidade educativa, sobre todo aos pais, e solicitar a súa axuda.

-  Motivar con vistas ao proceso de ensino-aprendizaxe.

-  Facilitar información ás institucións recoñecidas que o requiran.

-  Prognosticar e orientar as posibilidades dos alumnos e das alumnas e previr o fracaso escolar.

-  Coñecer a calidade da actuación docente, individual e grupal, e do sistema educativo.

-  Establecer programas de reciclaxe ante a detección de malos resultados.

-  Superar a antiga concepción da avaliación como único control.

 

Dentro do proceso de avaliación poden distinguirse as seguintes modalidades:

 

Avaliación inicial, que facilita a valoración dos coñecementos previos, as capacidades e as actitudes do alumnado, co obxecto de adecuar o proceso de ensino-aprendizaxe á realidade das súas posibilidades.

Avaliación formativa continua, que pretende coñecer se se van logrando os obxectivos propostos, cando aínda se pode intervir modificando o camiño para conseguilos; é dicir, avaliación do proceso e como proceso. Este tipo de avaliación ten un especial carácter regulador, orientador e autocorrector do proceso educativo desde o seu comezo, o que require unha avaliación inicial previa.

Avaliación sumativa, que estima os méritos ao finalizar o currículo (máis cuantitativa), na que se valora, sobre todo, o dominio das capacidades adquiridas; isto é, avaliación do resultado.

 

O proceso de avaliación rexirase segundo os seguintes principios:

 

-  Que sexa un medio, non un fin en si mesma.

-  Que constitúa un proceso continuo, progresivo e sistemático.

-  Que atenda ás diferenzas individuais.

-  Hai que partir do que se quere avaliar e despois avalialo.

-  Traballar en equipo á hora do seu deseño.

-  Ter flexibilidade ao elixir os criterios ou probas.

-  Debe basearse en criterios claros e o máis obxectivos posibles.

-  Hai que dotala dun mínimo de requisitos para a súa realización.

-  Debe tratar aspectos cualitativos e cuantitativos.

-  Ten que recoller ao máximo todos os aspectos da personalidade.

-  Reflectir de maneira clara: que, como e cando debe realizarse.

-  Propiciar ao seu termo o proceso de reorganización específico e global (feed-back).

 

Durante o proceso de avaliación, os mestres e mestras haberán de avaliar tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente.

 

  Avaliación e promoción do alumnado

 

O procedemento co que se levará a cabo a toma de decisións sobre a avaliación e a promoción do alumnado en Educación Primaria farase segundo o establecido na Orde do 23 de novembro do 2007, polo que se regula a avaliación da Educación Primaria, tendo en conta o seguinte:

 

-  A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será continua e global e terá en conta o progreso do alumno ou a alumna no conxunto das áreas do currículo.

 

-  A avaliación terá un carácter formativo e orientador do proceso educativo e estará inmersa no proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado.

 

-  O proceso de avaliación terá como obxectivos: proporcionar unha información constante do proceso educativo; mellorar tanto os procesos como os resultados da intervención educativa; e detectar as dificultades no momento en que se produzan.

 

-  A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos do currículo.

 

-  Os criterios de avaliación comúns e os articulares das distintas áreas serán o referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas como o de consecución dos obxectivos xerais da etapa e os obxectivos en cada unha delas, e para decidir sobre a promoción do alumnado.

 

-  Os pais, nais ou titores legais deberán ser informados tanto sobre os criterios de avaliación que se aplicarán coma sobre o proceso de aprendizaxe dos seus fillos e fillas ou pupilos para a avaliación das aprendizaxes.

 

-  O profesorado levará a cabo a avaliación, preferentemente a través da observación continuada da evolución do proceso de aprendizaxe de cada alumno ou alumna e da súa maduración persoal.

 

  Avaliación inicial

 

Co obxecto de garantir unha axeitada transición do alumnado entre as etapas e ciclos de Educación Infantil e de Educación Primaria, no mes de setembro celebrarase unha reunión entre os profesores dos equipos docentes saínte e entrante e a Xefatura de Estudos co fin de trasladar e analizar a información e a documentación académica correspondente ao alumnado que comeza este novo nivel.

 

Ademais da información recibida, o novo profesor titor aplicaralle ao alumnado unha proba inicial coa que se determinará o punto de partida dende o que este inicia as novas aprendizaxes, e o equipo docente tomará as decisións relativas ao desenvolvemento do currículo e á súa adecuación ás súas características e o seu nivel de coñecementos.

 

Do mesmo xeito, estes datos servirán de base para adoptar as medidas necesarias de atención á diversidade recollidas no plan correspondente a aqueles alumnos e alumnas que o precisen co fin de facilitarlles a continuación do seu proceso de aprendizaxe e o acceso ao currículo.

 

  Avaliación continua

 

A avaliación continua será realizada polo equipo docente de cada un dos cursos do ciclo de xeito colexiado e será coordinada polo seu  profesor titor.

 

Cando o progreso dun alumno ou unha alumna non sexa o axeitado, adoptaranse as medidas de atención á diversidade que procedan.

 

As sesións de avaliación que se realizarán ao longo de cada curso escolar serán tres: unha no mes de decembro, outra no mes de marzo, e a última no mes de xuño.

 

En cada sesión de avaliación que celebren os equipos docentes, da que o titor levantará unha acta, intercambiarase información e adoptaranse os acordos e decisións que se considere sobre o proceso de aprendizaxe do alumnado orientadas á súa mellora, e realizarase igualmente unha valoración dos resultados derivados destes acordos. Igualmente acordarase a información que, sobre o proceso persoal de aprendizaxe seguida, se transmitirá a cada alumno ou alumna e ao seu pai, a súa nai ou os seus titores legais.

 

  Avaliación final

 

Ao termo de cada curso, valorarase o progreso global de cada alumno e alumna, no marco do proceso de avaliación continua levado a cabo. E, ao finalizar o ciclo, o equipo docente, tendo en conta os criterios de avaliación comúns e os de promoción que figuran nos correspondentes currículos de cada ciclo, e informados o pai, a nai ou os titores legais, tomará a decisión sobre a promoción ou non do alumno/a ao seguinte ciclo ou etapa. Para a adopción da decisión tomarase especialmente en consideración a información e o criterio do profesor ou a profesora titor.

 

O profesor titor do alumnado citará individualmente os representantes legais aos que informará por escrito sobre os resultados do proceso de avaliación e sobre a decisión sobre a promoción ao ciclo seguinte. Esta información referirase aos obxectivos establecidos no currículo para as distintas áreas e aos progresos e dificultades detectados no grao de adquisición das competencias básicas e na consecución dos obxectivos de cada unha das áreas.

 

No caso de ter que avaliar un alumno con necesidade específica de apoio educativo, o titor/a, co asesoramento do equipo de orientación educativa e do profesorado de apoio á integración, aplicará os criterios de avaliación que fose establecido nas adaptacións curriculares, as cales serán o referente fundamental para valorar o grao de adquisición das competencias básicas.

 

Co fin de garantir a continuidade do proceso de formación do alumnado, cada alumno ou alumna disporá ao finalizar a etapa dun informe sobre a súa aprendizaxe, os obxectivos alcanzados e as competencias básicas adquiridas. O devandito informe será elaborado polo equipo docente, de acordo co establecido, a tales efectos, pola consellaría competente en materia de educación.

 

  Avaliación de diagnóstico

 

O alumnado, ao finalizar o segundo ciclo da Educación Primaria, realizará unha avaliación de diagnóstico das competencias básicas alcanzadas, de conformidade co que estableza a consellaría competente en materia de educación. Esta avaliación non terá efectos académicos para o alumnado e terá carácter formativo e orientador para os centros docentes e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa.

 

Dita avaliación realizaráse este mes de outubro a todos os nenos que no curso pasado cursaron cuarto de educación primaria , incluido os que non promocionaron . Neste caso , a proba será realizada por 21 nenos que actualmente cursan quinto de educación primaria e tres nenos que non promocionaron .

 

Os centros docentes utilizarán os resultados destas avaliacións de diagnóstico para, entre outros fins, organizar, no terceiro ciclo da Educación Primaria, as medidas de atención á diversidade para os alumnos e alumnas que as requiran, dirixidas a garantir que todo o alumnado alcance as correspondentes competencias básicas. Así mesmo, estes resultados permitirán, xunto coa avaliación dos procesos de ensino e a práctica docente, analizar, valorar e reorientar, se procede, as actuacións desenvolvidas nos dous primeiros ciclos da etapa.

 

 

O proxecto educativo deberá establecer os procedementos e criterios de avaliación comúns que axuden ao profesorado a valorar o grao de desenvolvemento das competencias básicas e os obxectivos xerais da etapa e facilite a toma da decisión máis adecuada en cada momento do proceso avaliador.

 

Como criterios de avaliación comúns a considerar en todas as áreas, e ao longo de todo o proceso de aprendizaxe durante a Educación Primaria, considéranse os seguintes:

 

-  Expón oralmente de xeito claro e coherente as súas experiencias, as súas ideas e sentimentos, achegando ideas e facendo preguntas en relación co tema.

-  Expresa de forma oral relatos e exposicións de clase de xeito coherente.

-  Participa en diálogos, conversacións, charlas de clase, etc., respectando as normas que facilitan o intercambio comunicativo: pide a palabra, intervén cando corresponde, escoita as intervencións dos seus compañeiros e compañeiras, expón as súas razóns para explicar o seu comportamento e os seus gustos.

-  Respecta aos demais e as normas establecidas (escoita as intervencións, espera o momento de intervención).

-  Realiza resumos de textos lidos axeitados ao seu nivel e explica e intercambia ideas, sentimentos e opinións sobre eles.

-  Localiza e recupera información en textos adecuados ao seu nivel previamente lidos e é capaz de extraer conclusións e inferencias destes.

-  Utiliza de forma habitual os libros como medio de diversión e desfrute, dentro e fóra da aula.

-  Distingue usos racistas, sexistas e estereotipados en conversacións, audicións, contos e imaxes, manifestando sensibilidade, aceptación e respecto ante as diferenzas individuais, así como vontade de emprender autocorreccións pertinentes para evitar estes usos da linguaxe.

-  Presenta os escritos e traballos de forma clara e limpa, valorando a súa execución coidadosa.

-  Participa sistematicamente na realización de tarefas e mostra satisfacción por iso.

-  Mostra interese e curiosidade por aprender.

-  Respecta as normas elementais de relación e convivencia nos contextos familiar e escolar.

-  Participa nas actividades de grupo do colexio (xogos, conversacións, dramatizacións, postas en común, etc.).

-  Mostra unha actitude de aceptación e respecto cara aos demais e non rexeita nin discrimina a ninguén nos seus xogos nin nas tarefas escolares que realiza.

-  Participa e colabora cos outros nenos e nenas do grupo nas actividades da aula.

-  Mostra interese polas achegas dos demais, valorando o aspecto cooperativo da aprendizaxe.

-  Traballa en equipo.

-  Utiliza a linguaxe como instrumento de aprendizaxe: para memorizar, anotar, preguntar, comprender, responder.

-  Elixe e utiliza os instrumentos e materiais adecuados para realizar actividades diferentes.

-  Valora a elaboración persoal de materiais propios para a aprendizaxe.

-  Coida os materiais de traballo e do centro.

 

Os criterios de avaliación propios de cada área serán os que aparecen fixados nos apartados correspondentes a estes dentro do currículo de cada ciclo.

 

 Avaliación dos procesos de ensino e da práctica docente

 

A observación do traballo diario dos alumnos e do nivel dos obxectivos alcanzados por estes levaranos á avaliación da nosa metodoloxía, motivando a revisión da nosa práctica docente a curto prazo, e do proxecto curricular a un prazo maior.

 

Como resultado da devandita observación, coa conseguinte reflexión, tanto a nivel persoal de cada profesor coma a nivel colectivo de equipos docentes e claustro de profesores, elaborarase anualmente, no terceiro trimestre, un informe sobre Avaliación da Práctica Docente e do proxecto curricular do centro, o cal será discutido no claustro e servirá como punto de reflexión en orde ao establecemento daqueles campos do quefacer educativo do noso centro que se considere necesario modificar ou mellorar.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN POR ÁREA 2º CICLO

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA LINGUA GALEGA

 

-  Estima a lingua de Galicia e úsaa como canle de transmisión das súas propias experiencias en todas as situacións de comunicación.

-  Participa en situacións de comunicación relacionadas coa actividade escolar (actividades en grupo, asembleas, debates, coloquios...) respectando as normas elementais que fan posible a comunicación.

-  Comprende o senso global de mensaxes orais de uso habitual e distingue as ideas principais e secundarias.

-  Memoriza, reproduce e representa textos orais (poemas, cancións, adiviñas, trabalinguas...), empregando a pronuncia, o ritmo e a entoación adecuadas.

-  Produce textos orais (contos, relatos, exposicións, explicacións sinxelas...) adecuados á intención comunicativa, empregando as formas básicas da lingua oral (pronunciación, ritmo, entoación, vocabulario...), así como aspectos verbais.

-  Capta o senso global de textos escritos de uso habitual (informativos, literarios...) e resume as principais ideas.

-  Le textos máis complexos ca no primeiro ciclo, empregando coñecementos elementais sobre a lingua escrita e procedementos elementais para resolver dúbidas de comprensión.

-  Valora positivamente o texto escrito como instrumento de comunicación e como fonte de pracer e de información. E manifesta preferencias na selección de lecturas e expresa as propias opinións sobre elas.

-  Redacta textos escritos de diferente tipo (descricións, narracións, diálogos, poemas, cartas, informes...), empregando a estrutura textual correspondente e utilizando os procedementos básicos que dan cohesión ao texto (usar nexos, manter o tempo verbal, puntuar adecuadamente...).

-  Comprende e produce mensaxes orais ou escritas nas que se integren os distintos códigos, verbais e non verbais.

-  Distingue usos racistas, sexistas e estereotipados en conversas, audicións, contos e imaxes, e introduce as autocorreccións pertinentes ao respecto.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA LINGUA CASTELÁ

 

  1. Participar en situacións comunicativas que se dan na aula (reais ou simuladas) e que correspondan a diversa tipoloxía (conversación, expresión espontánea, asemblea, debate) e a diversos obxectivos comunicativos respectando as normas que rexen estas situacións.
  2. Comprender textos orais de uso cotián extraendo o sentido global das mensaxes orais. Empregar estratexias elementais para comprender as mensaxes que escoitan as nenas e os nenos atendendo a sinais relevantes como o ton de voz, a entoación, os xestos e formulando preguntas coherentes que axuden á comprensión.
  3. Producir textos orais (explicacións sinxelas, exposicións, narracións…) presentando coherentemente ideas, estados de ánimo, sentimentos, emocións, feitos, vivencias e opinións.
  4. Memorizar e reproducir textos orais propios da literatura popular empregando a pronunciación e entoación axeitadas.
  5. Detectar e comprender a información explícita en textos escritos (en soporte parpel ou dixital) realizando inferencias directas sobre o seu contido.
  6. Interpretar as ideas contidas nos textos escritos habituais (expositivos, informativos, instrutivos e literarios), tanto en formato impreso como multimedia integrándoas nos seus propios esquemas de coñecemento.
  7. Elaborar e reescribir textos escritos de diferente tipoloxía e formato (impreso e/ou multimedia) acordes a diversas situacións funcionais cotiáns (cartas, avisos, solicitudes, instrucións, normas, anuncios, noticias) e literarias (contos, poesías, cómics) empregando estratexias de planificación, de textualización e de revisión de escritos.
  8. Ler expresivamente textos de tipoloxía variada (entre os traballados e/ou elaborados na aula) con fluídez e entoación axeitadas vencelladas á puntuación e á intencionalidade e coa velocidade apropiada segundo o tipo de texto e o obxectivo lector (ler para deleitar a outras persoas, ler para dar a coñecer un texto propio, ler para compartir información dun texto único na aula).
  9. Coñecer textos de literatura infantil (poesía, cómics, contos…) axeitados ao ciclo, coa finalidade de gozo coa lectura e de uso como modelo para as súas reescrituras, reelaboracións e producións escritas.

10.  Empregar as bibliotecas de aula e de centro con certa autonomía como fonte de información e como lugar que proporciona recursos relacionados coa lectura por pracer.

11.  Identificar en textos orais e escritos de uso cotián temas e usos que poidan supoñer discriminación.

12.  Reflexionar sobre como algúns cambios nas palabras, enunciados e textos producen modificacións comprensivas e expresivas.

13.  Empregar de maneira intuitiva terminoloxía relacionada coa tipoloxía textual, os tempos verbais (presente, futuro e pasado), os adxectivos cualificativos, os determinantes e algúns aspectos relativos á semántica como antónimos e sinónimos cando se realicen actividades de comprensión e de expresión oral e escrita.

14.  Empregar as experiencias coas diversas linguas que coñece ou está a aprender para realizar análises e comparacións que lles permita establecer avances na súa expresión e comprensión.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA ÁREA DE MATEMÁTICAS

 

  1. Aplicar a situacións variadas e familiares os coñecementos adquiridos sobre o uso dos números de ata seis cifras e resolver problemas sinxelos en que sexa necesario lelos, escribilos, ordenalos, comparalos, representalos, serialos, descompoñelos... interpretando o valor de cada unha das súas cifras.

 

  1. Resolver problemas diversos relacionados co medio que esixan certa planificación, control procesal e actitude favorable, aplicando unha ou dúas operacións numéricas, contidos básicos de xeometría ou tratamento da información e usando estratexias persoais de resolución.

 

  1. Realizar cálculos con números naturais, utilizando o coñecemento do sistema de numeración decimal, o procedemento máis axeitado, os recursos máis convenientes e as propiedades das operacións (suma, resta, multiplicación e división por unha cifra), en situacións cotiás e funcionais de resolución de problemas.

 

  1. Realizar medicións e estimacións (para resolver problemas relacionados cos contextos próximos e reais) escollendo, entre as unidades (lonxitude, capacidade, peso, tempo e as derivadas do sistema monetario) e instrumentos de medida usuais, os que mellor se axusten ao que se vaia medir.

 

  1. Obter información puntual dunha representación espacial (bosquexo dun itinerario, plano dunha pista, maqueta do patio...), describila e representala sinxelamente tomando como referencia obxectos familiares coa finalidade de resolver problemas elementais do medio próximo. Utilizar as nocións básicas de movementos xeométricos para describir e comprender situacións da vida cotiá e para valorar expresións artísticas.

 

  1. Usar o coñecemento das formas e corpos xeométricos do espazo (polígonos, círculos, cubos, prismas, cilindros, esferas) para describir e resolver problemas do contexto próximo.

 

  1. Resolver e formular problemas nos que interveña a lectura de gráficas e de táboas de datos sobre situacións cotiás. Resolver problemas en que se necesite: recoller datos sobre feitos e sobre obxectos da vida cotiá usando técnicas sinxelas de reconto, ordenar estes datos atendendo a un criterio de clasificación e expresar o resultado en forma de táboa ou de gráfica.

 

  1. Empregar en situacións da vida cotiá e en xogos expresións típicas para describir incerteza, seguro, posible e imposible. Identificar algúns sucesos aleatorios do medio do alumnado.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE COÑECEMENTO DO MEDIO

 

  1. Coñecer as partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o seu funcionamento.
  2. Identificar, valorar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico, descanso...
  3. Recoñecer e explicar, recollendo datos e utilizando aparatos de medida, as relacións entre algúns factores do medio físico (relevo, chan, clima, vexetación...) e as formas de vida e actuacións das persoas, mostrando unha actitude respectuosa cara á conservación do medio e o mantemento do equilibrio ecolóxico.
  4. Identificar e clasificar animais, plantas e rochas, recoñecendo as características básicas de determinadas especies de acordo con criterios científicos.
  5. Identificar, a partir de exemplos da vida cotiá, algúns dos principais usos que as persoas fan dos recursos naturais e algunhas das consecuencias negativas dos usos inadecuados. Analizar o proceso seguido desde a súa orixe ata o seu consumo.
  6. Sinalar algunhas funcións das organizacións e institucións municipais e do medio próximo e a súa contribución ao funcionamento da sociedade, valorando a importancia da participación activa nelas a través de mecanismos democráticos.
  7. Valorar os costumes, tradicións e sinais de identidade do patrimonio galego. Participar activamente en festas, xogos e costumes populares propios da comarca e de Galicia.
  8. Usar as nocións espaciais e a referencia aos puntos cardinais para situarse no medio, para localizar e describir a situación dos obxectos en espazos concretos e para utilizar planos e mapas para desprazarse e localizar determinados aspectos xeográficos, patrimoniais...
  9. Utilizar as nocións de duración, sucesión e simultaneidade para situar feitos históricos relevantes relacionados con algún aspecto da vida cotiá.
  10. Manipular e identificar algunhas máquinas e aparatos sinxelos, analizando o seu funcionamento, fixándose especialmente na enerxía que utilizan e valorando a importancia de facer un uso responsable da enerxía do planeta.
  11. Montar, desmontar ou planificar e realizar un proceso sinxelo de construción dalgún obxecto ou aparato simple, mostrando actitudes de cooperación no traballo en equipo e de coidado pola seguridade.
  12. Responder preguntas e resolver problemas do medio relacionados con feitos e fenómenos naturais e sociais, facendo predicións ou establecendo conxecturas, obtendo información relevante por medio da observación e/ou do manexo de fontes diversas e comunicando os resultados.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

-  Utiliza a súa actividade gráfica para representar en imaxes as súas vivencias e experiencias persoais.

-  Representa imaxes da realidade cotiá e do contorno, seleccionando as técnicas máis apropiadas e os materiais adecuados.

-  Comunícase mediante signos e símbolos visuais pertencentes á linguaxe icónica.

-  Intervén e coopera en traballos de creación artística, bidimensional e tridimensional, organizando e coidando o material utilizado.

-  Explora as calidades dos materiais (plásticos, metálicos, téxtiles e de refugallo) e as súas posibilidades expresivas.

-  Participa en diferentes formas de representación da imaxe e intervén na análise formal que transmiten os medios de comunicación.

-  Mostra interese pola calidade na execución das súas creacións e goza coa súa realización, explicando as súas intencións expresivas.

-  Conserva e respecta o medio ambiente e as formas artísticas do contorno.

-  Mantén unha escoita atenta, activa e concentrada.

-  Expresa sensibilidade musical.

-  Sincroniza rítmico-motrizmente o corpo ao pulso, ao acento e a diferentes compases e ritmos, temas, frases melódicas e formas musicais, así como ao carácter destas.

-  Intégrase no grupo no canto colectivo e mostra dispoñibilidade, cooperación e percepción crítica.

-  Segue e respecta as indicacións xestuais da persoa que asume a dirección en actividades colectivas.

-  Recoñece e valora o progreso experimentado nas destrezas rítmico-motrices a través das actividades de expresión corporal, movemento rítmico e danza.

-  Manifesta discriminación auditiva no recoñecemento e repetición de melodías e diferentes voces, falando ou cantando.

-  Discrimina temas e frases melódicas, así como a estrutura formal e a significa instrumentalmente.

-  Realiza improvisacións espontáneas e pequenas creacións propias.

-  Integra os coñecementos, previamente adquiridos na linguaxe musical, nas linguaxes de improvisación.

-  Utiliza distintos aspectos expresivos da canción (intensidade, tempo, carácter, etcétera) para comunicar sentimentos e sensacións.

-  Expresa mediante o corpo, os instrumentos ou graficamente os aspectos melódicos ou formais.

-  Describe con palabras os estados anímicos e emocionais experimentados despois dunha actividade musical ou dramática.

-  Acompaña rítmica ou melodicamente, de forma individual ou colectiva, sinxelas cancións e danzas.

-  Mostra destreza e coordinación nos exercicios rítmico-instrumentais.

-  Manifesta destreza e interese na construción de sinxelos instrumentos.

-  Manifesta destreza, esforzo individual e progreso na aprendizaxe dun instrumento melódico.

-  Utiliza as posibilidades do xesto e movemento corporal para comunicarse.

-  Realiza exercicios de lectura, escritura e ditados musicais.

-  Manexa con soltura as distancias sonoras.

-  Utiliza o metrónomo e o diapasón.

-  Coñece e utiliza algunhas cancións e danzas tradicionais da zona para acompaña-  r os seus xogos e momentos de ocio individuais e colectivos.

-  Manifesta curiosidade por coñecer outras manifestacións musicais populares de culturas distintas da propia.

-  Mostra naturalidade e espontaneidade na aprendizaxe dos diferentes ritmos e danzas.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

 

 

 

Criterios de avaliación da asignatura de educación física .

 

 

   Os criterios de avaliación que aplicarei no curso 2010-2011 na área de educación física intentarán ser claros e fáciles de entender , sobre todo para o alumnado , pois non deixan de ser a parte fundamental e interesada na correcta aplicación dos criterios.Entre paréntesis poño as competencias que máis avalío en cada apartado.

 

   Partirei da base seguinte:

 

                 *Tod@s @s nen@s, polo feito de asistir a clase ,partirán dunha nota base de 5 (controlaremos a asistencia diaria)(C1-C5)

 

                  * Ter a indumentaria exisida e un comportamento correcto

implicará un punto da nota(C1-C5)

 

                  A modificación ,partindo de este punto para diferenciar as notas, será a seguinte:

 

                  *Entre 0 e 2 puntos contará a actitude d@ alumn@ nas sesións de educación física (interese , relacións c@s compañeir@s ,coidado do material ,participación …) cunha avaliación que se sumará ó 5 se é positiva(C1-C2-C3-C5-C6)

 

                    No caso de ser unha actitude negativa restarase á nota da que partimos.Pola contra unha actitude positiva sumarase á nota inicial.A avaliación será continuada ca observación diaria do alumnado.

 

                   *Entre 0 y 2 puntos sumará (nunca restará) a aptitude d@ alumn@ na área.Aptitude que non sempre é a mesma pois depende dos contidos de área que esteamos tocando.Isto o avaliaremos con diversos controis e a observación diaria e continuada d@ alumn@.(C1-C2-C3-C4-C5-C6-C7-C8)

 

                Resumindo :

 

Material e obrigas

De 0 a 1 punto

Actitude

De -2 a 2 puntos

Aptitude

De 0 a 2 puntos

Nota da que partimos

5 puntos

 

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE LINGUA EXTRANXEIRA/ INGLÉS

-  Valora a importancia de comunicarse nunha lingua estranxeira.

-  Recoñece a importancia de ter unha actitude de respecto cara aos demais.

-  Recoñece e representa correctamente as ordes e expresións obxecto de estudo.

-  Pronuncia adecuadamente as letras do abecedario.

-  Comprende as ideas expresadas en textos orais sinxelos, relacionados con temas, situacións e funcións lingüísticas previamente estudados.

- Participa en diálogos sinxelos e xogos, respectando as regras básicas da comunicación.

-  Clasifica palabras en inglés segundo categorías sinxelas.

-  Identifica nomes a través dunha imaxe, e viceversa.

- Mostra interese polas achegas dos demais, valorando o aspecto cooperativo da aprendizaxe.

-  Identifica, nomea e avalía sentimentos propios e dos demais.

-  Produce textos sinxelos nos que utiliza as regras básicas do código escrito.

-  Presenta os seus traballos de forma adecuada.

-  Aprecia as observacións que se lle fan para mellorar a súa aprendizaxe.

-  Identifica cores, números, froitas, animais, xoguetes, comidas e bebidas, partes do corpo e da casa, compoñentes da familia e demais centros de interese tratados, e pronuncia e escribe correctamente os seus nomes.

-  Recita contos e rimas, e participa en diálogos coa pronuncia, entoación e ritmos adecuados.

-  Memoriza e dramatiza cancións en inglés.

-  Contextualiza os recursos non lingüísticos e utilízaos acompañando o seu discurso oral.

-  Participa e atende nas actividades de clase.

-  Respecta as normas de convivencia na aula.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA AREA DE RELIXIÓN CATÓLICA

-  Sitúa a Xesús no seu momento histórico, e localiza e describe os principais feitos da súa vida.

-  Utiliza a Biblia para descubrir os seus contidos básicos.

-  Analiza os principais textos do Novo Testamento que conteñen a mensaxe de Xesús e elabora unha síntese da dita mensaxe.

-  Coñece as características da Igrexa local.

-  Capta a unidade entre os distintos membros da Igrexa.

-  Coñece os principais obxectos, xestos e símbolos da liturxia.

-  Capta o sentido da Eucaristía como realización actualizada da Última Cea e da morte de Xesús na cruz.

-  Localiza textos do Evanxeo nos que se mencionan as tres Persoas da Santísima Trindade.

-  Utiliza os recursos da linguaxe para facer unha síntese elemental dos sacramentos referentes á vida persoal do crente.

-  Analiza de forma elemental o símil do corpo que San Pedro aplica á Igrexa de Cristo.

-  Recoñece a dignidade do corpo e a importancia da natureza como afirmacións fundamentais da fe cristiá.

-  Aplica normas e modelos de boa conduta cívica e cristiá.

-  Elabora un esquema da relación entre os Dez Mandamentos e o mandamento do Amor.

-  Analiza os trazos que definen o amor humano e contrástaos cos que Xesús proclama.

-  Localiza diferentes expresións da fe no patrimonio histórico e cultural do contorno.

PROCEDIMIENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Unha das metodoloxías fundamentais é a observación sistemática do
traballo diario e da participación no aula.
Este procedemento é esencial para identificar as características individuais e
as necesidades persoais dos alumnos. É importante que estea planificada,
leve ou cabo de xeito sistemático, en períodos longos e non só en momentos
illados e que se complete con producións dos alumnos.
Dentro da metodoloxía baseada na observación agrúpanse diferentes técnicas:
- Rexistro anecdótico
- Escalas de observación; listas de control; pautas de observación
- Diarios de clase: os alumnos deben ser conscientes do que están
aprendendo. Unha das formas máis efectivas é que os alumnos
teñan un diario ao longo do curso no que poden rexistrar o seu
propio punto de vista sobre o proceso de ensino-aprendizaxe.
Utilizaremos os seguintes procedementos:
Intercambios orais como diálogos sinxelos, debates. Desta forma podemos identificar os coñecementos, actitudes e habilidades dos alumnos.
Exercicios específicos relacionados cos obxectivos establecidos para cada unidade didáctica. Deben ser obxectivos e abertos.
Proxectos: ofrecen ao profesor unha válida fonte de avaliación. O proxecto mostra a autonomía que os alumnos adquiriron e a habilidade para usar e aplicar a información apresa e pode ser usado como principal ferramenta para a avaliación final
Auto-avaliación. O alumno debe ser responsable da súa propia aprendizaxe e
debe ter un papel activo no proceso.
Análise da tarefa: esta forma de avaliación ofrece moita información sobre as técnicas de aprendizaxe dos alumnos e o profesor pode observar como os alumnos aprenden e as estratexias que empregan para facelo.
Avaliación individual: esta avaliación levarémola a cabo a través de diferentes
camiños para avaliar os puntos débiles dos alumnos así como os seus puntos fortes e desa forma ter en conta a diversidade da clase. Este tipo de avaliación permítenos reforzar o esforzo e o traballo dos alumnos.
Co-avaliación: é útil para recoñecer o esforzo e os logros dos outros alumnos. Non é aconsellable que os alumnos xulguen ou critiquen o traballo dos seus compañeiros, pero simplemente resaltar os seus esforzos e recoñecer o traballo
duro. Isto axudará a animar a outros alumnos a imitar o comportamento
reforzado positivamente.
O caderno de clase: recolle o traballo de cada día, tanto o de clase como
o desenvolvido en casa e revisarase de forma continuada.

         9- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

 

               Durante o  curso escolar realizaranse, alomenos,  tres saídas didácticas con todo o ciclo. Cada titor poderá realizar algunha a maiores que considere oportuna coa súa aula.

 

               Ao longo do curso e coincidindo con algunha data importante, realizaranse diversas actividades ou festivais, como pode ser a celebración d Samaín, o Magosto, o festival de Nadal ou o das Letras Galegas, o Entroido, entre outros.

 

               Do mesmo xeito, a A.N.P.A realiza unha serie de actividades extraescolares, fora do horario lectivo, ás que poden acceder todo o alumnado do centro.

 

               As actividades serán coordinadas pola coordinadora do ciclo xuntamente coa coordinadora do equipo de actividades complementarias e extraescolares .

 

Para a realización das saídas debemos contar co permiso-autorización das familias . A principio de curso cada neno debe traer firmado unha autorización para as saídas dentro do concello que servirá para todo o curso . Para as demais saídas pedirase un permiso mais específico .

10- PROXECTO LECTOR

 

            Co fin de facilitar a consecución dos obxectivos  e tal como sinala a LOE no seu art.16, principios, ”Adquirir as habilidades culturais básicas,relativas á expresión e a comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo”...”e desenvolver as habilidades sociais, os hábitos de traballo e estudo,o sentido artístico ,a creatividade e a afectividade...” ) ,e a Comunidade Autónoma de Galicia sinalan para as etapas de ensino obrigatorio,o centro educativo elabora o proxecto lector para o fomento da lectura e da escritura e a adquisición das competencias básicas xa que a lectura é unha parte fundamental.

 

            Ao longo de todo o ciclo prestaráselle unha grande importancia a lectura,polo que se intentará favorecer o desenvolvemento de actitudes favorables á mesma; así como a escritura, ,potenciando unha actitude positiva como medio para a aprendizaxe, fonte de pracer e recurso para o desenvolvemento persoal.

 

LISTAXE DAS ACTIVIDADES QUE SE VAN A LEVAR A CABO NO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA CARA AO DESENVOLVEMENTO DA LECTURA.

 

 

  • Lectura diaria de distintos tipos de textos, lectura individual e grupal, tanto en galego como en castelán.
  • Búsqueda de información sobre diversas celebracións (por ejemplo o Magosto) : refráns , ditos, cantigas…para elaborar murais .
  • Lectura de novas de varios xornais, analizando o QUÉ, o CANDO, o ONDE e  o POR QUÉ .
  • Lectura dos enunciados das actividades nas distintas áreas .
  • Lectura de gráficos de barras, mapas, esquemas …
  • Lectura de rimas, poesias …
  • Teatro lido (pequenas obras de 6-7  personaxes )
  • Uso da biblioteca de aula, para aqueles momentos de lecer na aula , onde atopan libros de lectura rápida  moi atractivos.
  • Uso do Pasaporte Lector ( levando para casa libros da Biblioteca do centro ou cómics )
  • Fichas para traballar a velocidade lectora ( mellorando asi o número de palabras por minuto )
  • Xogos: O AFORCADO , SOPAS DE LETRAS , CRUCIGRAMAS, XEROGLIFICOS , CALIGRAMAS .
  • “OS PORQUÉS DAS COUSAS”  : Plantexamoslles pequenas cuestións , por ejemplo : Por qué estornudamos? , as que teñen que buscar a resposta  na casa buscando información cos medios ao seu alcance .
  • Realización de experimentos nos que teñen que seguir instruccións escritas .
  • Todo tipo de actividades recollidas nos libros de texto , a maioría tras unha lectura , hai que facer a comprensión de forma dirixida , con preguntas pechadas .

 

 

 

11- PLAN DAS TICS

 

            Atendendo aos principios da LOE do 3 de maio 2006 e o D.130/2007 do 28 de xuño, a escola non pode manterse distanciada das últimas tendencias educativas. Internet é unha fonte incrible de información e investigación, que ofrece multitude de recursos para utilizar na aula.

 

Os diferentes medios tecnolóxicos xogan un papel dinamizador, innovador e motivador dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, facendo que o alumnado se sinta partícipe da súa aprendizaxe, utilizando medios  que xa coñece e lle resultan familiares,estimulando así a aprendizaxe mais autónoma e crítica, máis próxima á realidade,mais funcional…para conseguir unha aprendizaxe significativa, sendo o  profesor  motivador e orientador.

 

Para os alumnos do  Segundo  Ciclo serán clases de introdución ao uso das TICS ( ordenador, Internet...) como ferramenta de aprendizaxe, familiarizándose co ordenador e os  programas educativos (tipo JCLICK, PAINT) de forma que teñan utilidade e funcionalidade na vida cotiá e poder adaptar as actividades aos distintos ritmos de aprendizaxe; así coma poder utilizalo para o intercambio de experiencias e busca de información.

 

 

EDUCACIÓN EN VALORES

A educación en valores aparece a través dos seguintes temas transversais así chamados pola anterior normativa : 
- Educación moral e cívica  ou a capacidade para exercer, de xeito crítico e nunha sociedade plural, a liberdade, a tolerancia e a solidariedade. Este tema é aplicable ao resto dos transversais. Os obxectivos da educación moral e cívica están orientados a fomentar entre os alumnos actitudes de respecto cara a todas as persoas, calquera que sexan as súas opinións, crenzas, razas ou sexos; actitudes de tolerancia, pluralismo, respecto por un mesmo e rexeitamento de toda inxustiza, favorecendo a convivencia, o diálogo e a solidariedade. 



- Educación para a paz.- Significa construír e potenciar unhas relacións pacíficas entre os alumnos, cultivando as condutas asertivas, a aceptación das diferenzas e a forma de resolución violenta dos conflitos que poidan xurdir entre eles. 


- Educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos.- Desde o desenvolvemento da autoestima e a concepción do corpo como expresión da personalidade, pretende consolidar hábitos non discriminatorios, corrixindo prexuízos sexistas a partir da análise crítica das súas manifestacións na linguaxe, na publicidade, etc... e promovendo a adquisición de habilidades e recursos para realizar calquera tipo de tarefas, domésticas ou non. 


- Educación ambiental.- Facilítase a comprensión e valoración dos procesos que se dan na Natureza e nas relacións do home con ela, animando un cambio de valores, actitudes e condutas que promovan o respecto, coidado e promoción do medio ambiente. 


- Educación sexual.- Pretende que os alumnos alcancen unha información sexual suficiente e científica, e consoliden, como actitudes básicas, a aceptación do propio corpo e a naturalidade no tratamento dos temas relacionados coa sexualidade, os hábitos de hixiene e o respecto ás diferentes manifestacións da mesma. 
-Educación para a saúde.- Fomenta calquera actividade que estimule aos alumnos a crear hábitos e costumes sans. 

-          Educación do consumidor.- Consiste en promover todo tipo de accións polas que os alumnos filtren a información recibida, de xeito consciente, crítica, responsable e solidaria, así como as decisións consecuentes para a compra de bens e servizos, tendo en conta os valores persoais, a utilización dos recursos e as consideracións ecolóxicas adecuadas. 

- Educación viaria .- Insístese na adquisición de condutas e hábitos de seguridade viaria, tanto de peóns como de usuarios de vehículos, á vez que lles sensibiliza sobre os problemas de circulación. 

- Outros temas.- Logo dos temas que aparecen nos transversais da a situación social actual leva a incluír outros novos, referidos á multiculturalidad, a tolerancia, o respecto dos Dereitos Humanos, etc... que se englobarían nun xeral sobre a Educación para a convivencia e a tolerancia. 


Neste cic

 

10. COÑECEMENTOS E APRENDIZAXES BÁSICAS PARA ALCANZAR UNHA AVALIACIÓN POSITIVA
LINGUA
Compresión e expresión oral:
- Escoita e comprende narracións adaptadas ao seu nivel e contesta a preguntas
sobre o escoitado.
- Comprende e usa o vocabulario do seu nivel.
- Exprésase mediante todo tipo de oracións.
- É capaz de ordenar e narrar secuencias *temporo-espaciais.
-  Recoñece calquera información dun texto adaptado ao seu nivel.
- Memoriza, comprende e reproduce textos do seu nivel.
Linguaxe escrita:
- Coida a orde e presentación dos seus escritos.
- Fai copias de texto sen erros.
- Escribe ao ditado sen erros de ortografía natural.
-  Resume pequenos textos con axuda de subliñado.
- Escribe contos sinxelos, poemas e pequenos textos.
- Aplica normas básicas de ortografía.
- Utiliza o dicionario.
Lectura:
- Le parágrafos sen silabear.
- Le tendo en conta os signos de puntuación e dando a entonación necesaria.
- Comprende o que le e é capaz de contalo.
Gramática:
- Recoñece clases de oracións e prodúceas.
- Recoñece sustantivos e as palabras que poden acompañarlle (adxectivos e determinantes).
- Separa en sílabas as palabras e clasifícaas polo seu número.
- Recoñece verbos como accións. Distingue o pasado, presente e
futuro.
COÑECEMENTO DO MEDIO:
- Coñece os órganos dos sentidos: vista, oído, olfacto.
- Coñece as partes fundamentais do corpo humano e os seus aparellos.
- Coñece os grupos de alimentos.
- Sinala as características principais do reino animal e vexetal.
- Recoñece os principais fenómenos atmosféricos.
- Coñece o ciclo da auga.
- Recoñece o mapa de España e distingue a súa comunidade, a súa comarca e
o seu municipio.
- Coñece o Sistema Solar.
- Coñece as distintas formas de relevo.
MATEMÁTICAS:
 - Domina os números ata o millón, componos e os descompón.
-  Suma e resta de forma gráfica e mental.
- Resolve problemas que requiren sumar, restar, multiplicar e dividir.
- Recoñece as fraccións e decimais que se xeran.
- Coñece as unidades monetarias en curso e as medidas de tempo.
- Coñece as medidas de lonxitude, capacidade e peso.
- Distingue liñas rectas, curvas e ángulos.
- Recoñece os polígonos e corpos redondos.
EDUCACIÓN FÍSICA:
LINGUA ESTRANXEIRA (INGLÉS)
- Comprender e producir con son, ritmo e entonación adecuados o vocabulario traballado e frases sinxelas.
- Comprender o esencial dun texto oral breve de contido familiar.
- Comprender o esencial dun texto escrito breve de contido familiar.
- Expresarse oralmente en situacións de comunicación habituais na aula.
- Ler e comprender frases sinxelas traballadas previamente.
- Comprender e producir de forma escrita a maior parte do vocabulario e expresións gramaticais traballadas na aula.
-Coñecer aspectos socioculturais xenerais dos países de fala inglesa (saúdos, hábitos, festividades, cancións, rimas,..).
RELIXIÓN:
- Saber que a Biblia é o libro sacro dos cristiáns, que contén a Palabra de Deus.
- Distinguir o Antigo Testamento do Novo Testamento.
- Saber que Dios é o creador do mundo e de todo canto existe.
- Saber que Divos a través de Moisés liberou ao pobo de Israel da escravitude de Exipto.
-  Saber que o Nadal é o tempo litúrxico en que os cristiáns celebran o nacemento de Jesús.
- Saber que o mandamento do amor é o principal ensino de Jesús.
- Identificar os acontecementos da vida de Jesús que se celebran o Xoves Santo, o Venres Santo e o Domingo de Pascua.
- Saber que todos os cristiáns forman a Igrexa que fundou Jesús.
- Saber que a Virxe María é a nai de Jesús.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA
Música:
- Coñece e practica adecuadamente os diversos signos musicais mediante exercicios de destreza vocal e pequenas destrezas de dixitación con frauta , teclados sinxelos e instrumentos de pequenas percusión.
- Goza sensorialmente practicando pequenos canons a dous e tres voces tanto na modalidade de canto  como instrumental ( frauta e pequena percusión).
- Consegue , en ambiente adecuado de silencio e sensibilidade , gozar coas audicións de música culta e popular.
Plástica:
- Coñecer as propiedades dalgúns materiais comúns e as súas posibilidades de utilización frecuente con fins comunicativos, lúdicos e creativos.
- Describir as calidades (tamaño, forma, cor, peso, textura, etc.) de materiais e obxectos manipulables presentes na contorna, como resultado dunha exploración multisensorial e lúdica.
- Ter confianza nas propias relacións artísticas e gozar co proceso creativo.
- Realizar plásticamente unha obra na que participen todos os integrantes da clase.
- Desenvolver a sensibilidade e o gusto por todo o belo e creativo.
- Expresar libremente as ideas e os sentimentos a través da elaboración de obras artísticas creativas.
- Valorar e respectar as achegas dos demais na produción de obras artísticas individuais e colectivas.

 

MATERIAS E RECURSOS DIDÁCTICOS

 

Os materiais e recursos didácticos que se consideran necesarios son:

 

Impresos

-         Libro de texto

-         Libros de consulta

-         Contos, comics, revistas

-         Periódicos

-         Fichas

-         Carteis

-         Láminas

-         Xogos

Audiovisuais

-         DVD

-         Diapositivas

Audio

-         Cancións

 

Software

-         PowerPoint

-         Programas Clic

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Materiales para trabajar biodiversidad y contaminación. Primaria

http://www.ingurumena.ejgv.euskadi.net/r49-6172/es/contenidos/libro/ud_biodiversidad1/es_pub/adjuntos/biodiversidad1.pdf

http://www.ingurumena.ejgv.euskadi.net/r49-6172/es/contenidos/libro/ud_contaminacion1/es_pub/adjuntos/contaminacion1.pdf