Blogia
Rocío G. Brey

o piollo e a pulga

O piollo e a pulga querían casar. (Bis)
Non tiñan panciño para “escomenzar”. (Bis)
Saíu a formiga do seu formigueiro: (Bis)
– “Mandaime” recado que eu son panadeiro. (Bis)

– ¡Ai, miña vidiña, panciño xa temos! (Bis)
Fáltanos carniña. ¿Onde a atoparemos? (Bis)
E saíu o lobo detrás dun outeiro: (Bis)
– “Mandaime” recado que eu son carniceiro. (Bis)

– ¡Ai, miña vidiña, carniña xa temos! (Bis)
Fáltannos manteis. ¿Onde atoparemos? (Bis)
E saíu a araña da súa arañeira: (Bis)
– Sígase esa voda que eu son tecedeira.

-¡Ai, miña vidiña, manteis xa temos! (Bis)
Fáltanos gaiteiro. ¿Onde o atoparemos? (Bis)
E saíu o grilo dende o seu “buxeiro” (Bis)
– Por iso non quede, que eu son o gaiteiro. (Bis)

-¡Ai, miña vidiña, gaiteiro xa temos! (Bis)
Fáltanos madriña. ¿Onde a atoparemos? (Bis)
E saíu a ra da poza veciña: (Bis)
– Sígase esa voda que eu son a madriña. (Bis)

-¡Ai, miña vidiña, madriña xa temos! (Bis)
– Fáltanos padriño. ¿Onde o atoparemos? (Bis)
E saíu o rato do seu buraquiño: (Bis)
– Se prenden o gato, eu serei padriño (Bis)

No medio da voda, con tanto ruído (Bis)
espertou o gato e comeu o padriño. (Bis)

Casto Sampedro: “Cancioneiro….”

0 comentarios