Blogia
Rocío G. Brey

Revista redaccion deporte escolar

O DEPORTE ESCOLAR

Fomos a unha competición a “Deportes escolares” na Pobra do Caramiñal. Había moita xente. A primeira proba que tiven foi altura. Fun eliminado pero todos me dixeron que o fixera moi ben.

Logo fomos comer e encontreime con Lois, comimos xuntos, despois fomos as rochas. Collimos un cangrexo e a Brais picoulle un nun dedo pero non chorou.

Despois fun a carreira de relevos e quedamos primeiros e gañamos a medalla de ouro ... Paseino  moi ben!

 

UNHA XORNADA DE ATLETISMO E PRAIA

O sábado 20 de Maio co noso colexio fomos á Pobra do Caramiñal a competir. Eu fun coa miña familia e alí encontreime con Xaime e cos meus compañeiros.

Participei en dúas probas, peso e saltode lonxitude. En peso quedei décimo e en lonxitude de séptimo.

Cando rematei fomos á Praia e ali encontreime con Alejandro e os seus irmáns. Bañámonos e xogamos toda a tarde. Pasámolo moi ben!

 

0 comentarios